O BNG propón acometer o saneamento da zona rural

Grupo municial BNG
Grupo municial BNG

Ivan Rivas, portavoz nacionalista, considera que é urxente e inaprazábel desenvolver o saneamento na zona rural. Uns investimentos que deben vir reflectidos nas contas anuais de EMAFESA. quen xa dispón do diñeiro na suas arcas produto de ternos cobrado por este concepto a través da taxa de saneamento.

O BNG propón acometer o saneamento da zona rural

Ferrol 19 de maio de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, exixiu esta mañá ao goberno muncipal que achegue a documentación que falta do proxecto de orzamentos para 2021, nomeadamente o orzamento da empresa EMAFESA, xa que é preciso que se acometa o proxecto de saneamento da zona rural no concello.

 

Ivan Rivas, portavoz nacionalista, considera que é urxente e inaprazábel desenvolver o saneamento na zona rural. Uns investimentos que deben vir reflectidos nas contas anuais de EMAFESA. quen xa dispón do diñeiro na suas arcas produto de ternos cobrado por este concepto a través da taxa de saneamento.

 

Iván Rivas considera preciso coñecer os investimentos que a empresa EMAFESA vai desenvolver para executar o saneamento rural e o máis importante, coñecer o cronograma do mesmo. EMAFESA leva anos incumprindo, coa permisividade dos alcaldes desta cidade, a súa obriga de realizar estes investimentos e executar estas obras.

 

O BNG lembra que se a día de hoxe a zona rural de Ferrol continua sen contar con rede de saneamento é porque o goberno local decidiu que o diñeiro destinado a este fin recadado durante os anos 2015 e 2016 e que pagamos todas e todos a través da taxa de saneamento pase a engordar as arcas de EMAFESA no canto de desenvolver os investimentos comprometidos desde a aprobación da taxa de depuración, unha cantidade que supera os 4,5 millóns de euros.

 

Así mesmo, o portavoz nacionalista, considera que debería coñecerse se este proxecto vai contar con financiamento autonómico para a súa execución máis alá dos ridículos 10.000 euros que para esta finalidade contempla a Xunta de Galiza nos seus orzamentos para este ano.

O BNG propón acometer o saneamento da zona rural