Para o BNG a resolución sobre as facturas de ACUAES demostra o entregismo do goberno local a intereses alleos à cidade
Iván Rivas sinalou que xa en outubro de 2020 o BNG denunciaba a intención do Alcalde desta cidade de pagar as cantidades esixidas pola empresa ACUAES, dependente do Ministerio de Fomento, correspondentes á construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol que xa pagamos na taxa de depuración e que cobra EMAFESA.
03 abr. 2022 - 16:09
Ferrol 2 de abril de 2022. O BNG de Ferrol considera que a resolución do xulgado diante da demanda interposta por ACUAES ven a demostrar que esta cidade esta dirixida por un Alcalde entregado á defensa de intereses alleos, entre outros os da Administración do Estado e as empresas dependentes desta como ACUAES.
Iván Rivas sinalou que xa en outubro de 2020 o BNG denunciaba a intención do Alcalde desta cidade de pagar as cantidades esixidas pola empresa ACUAES, dependente do Ministerio de Fomento, correspondentes á construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol que xa pagamos na taxa de depuración e que cobra EMAFESA.
Mais non contento con isto, hai escasamente 3 semanas o Sr. Mato decidiu levar a aprobación plenaria o pago das facturas remitidas por ACUAES pola xestión dos interceptores xerais sen que exista ningún documento administrativo, convenio ou acordo que o avale.
Para o BNG tamén é significativo o comportamento do resto de partidos da cidade que mentres o BNG reiteráballe ao goberno municipal de Ferrol que as facturas que emite ACUAES non se poden pagar porque non existe contrato nin acordo plenario que as avale, este contaba coa permisividade do PP, para poder facer efectivos estes pagos, tanto o de outubro de 2020 como os do mes pasado.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que o BNG leva denunciado desde o ano 2012 o abusivo dun convenio no que o estado non pon un euro nunha obra declarada de interese xeral en 1997. No que pasamos de pagar o 10%, no 2012 ao 13% na primeira modificación de 2014 e ao 25% na modificación pendente de aprobar. Onde a Xunta pon unha cantidade fixa e os fondos europeos financiaban o gasto acometido até decembro de 2015 nun 80% e onde o resto se cubre co esforzo dos ferroláns, incluso os atrasos acumulados na execución da obra desde decembro de 2015 até marzo de 2017 e que a UE non financia.
Para Iván Rivas este convenio tería que ser declarado nulo, e debe declararse nulo, xa que a modificación recollida na 2ª addenda non ten acordo plenario que o sustente nin se fiscalizou pola intervención municipal pese a supoñer unha modificación substancial dos conceptos e sobre os importes recollidos nesta modificación sobre os que ACUAES fai a súa reclamación, tal e e como se demostrou coa resolución do xulgado diante da denuncia interposta por ACUAES.
Iván Rivas, á vista desta situación, exíxelle hoxe ao Alcalde desta cidade que demande a ACUAES a devolución inmediata dos importes abonados produto do acordo adoptado hai escasamente 3 semanas, que resolva e anule o contrato asinado en 2014 con ACUAES, que exixa a devolución dos subrecustes xerados polos retrasos nas obras e que actúe dunha vez en defensa dos intereses dos e das ferroláns e non da administración do Estado e entes dependentes.