bng
Novas
Ivan Rivas

O BNG aposta pola construcción naval civil e a incorporación de persoal para impulsar a actividade en Navantia

O proceso de reactivación do principal sector produtivo da cidade ten que pasar por tres piares fundamentais: a adopción dunha dirección política e empresarial que non condicione futuro dos estaleiros as directrices do Mº de Defensa, un segundo aspecto que ten que ver coa necesidade de dotar de carga de traballo no ámbito da construción civil e por último coa necesidade de contar coas infraestruturas e o persoal necesario para poder desenvolver toda esta actividade.
Ler novas
Novas

O BNG acusa ao goberno local de esquecerse de Carvalho Calero

Coincidindo coa comemoración do aniversario do pasamento do profesor ferrolán, o BNG acusa ao goberno municipal de ter esquecido todos os compromisos públicos para con el e a súa obra e prolongar a marxinación e silencio ao que foi sometido incluso no ano no que se honraba a súa figura.
Ler novas
Novas

O BNG censura a negativa do Ministerio de Defensa de informar favorablemente ao taller de subloques de Navantia

Iván Rivas instou ao goberno do Estado a, en primeiro lugar rectificar a súa decisión de impedir o desenvolvemento do proxecto de subloques para os estaleiros da ría e en segundo lugar a rectificar esta dinámica de décadas que nos limitan tanto no económico, como no urbanístico e exixiu ao Alcalde da cidade un rexeitamento firme á resolución do Mº de Defensa que impide o desenvolvemento urbanístico do taller de subbloques nas instalacións de Navantia.
Ler novas
Novas
Ivan Rivas

O BNG demanda ao goberno local un maior control sobre o transporte público na cidade

A continua reorganización de servizos na liña de autobuses Ferrol-A Coruña executadas pola empresa concesionaria, moitas veces sen previo aviso, e que conlevan a supresión de liñas, modificación de horarios, e unificación de servizos están a provocar unha masificación e un aumento dos tempos de viaxe. Así mesmo as reorganizacións e reduccións de horarios nas liñas que prestan o seu servizo na cidade de Ferrol, executadas coa escusa da situación sanitaria, son intolerables.
Ler novas