O BNG demanda ao goberno local un maior control sobre o transporte público na cidade
Ferrol 6 de marzo de 2021. Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, censurou esta mañá a actitude complaciente do alcalde da cidade e do goberno municipal diante das actuacións arbitrarias que toman as empresas concesionarias de transporte público na cidade e que están a causar numerosos prexuizos aos usuarios e usuarias do mesmo.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indica que a negativa do goberno local a asumir directamente a xestión do transporte púbico na cidade, asumir acriticamente o convenio metropolitano de transporte, non exercer un control sobre o estado e o cumprimento dos servizos de transporte público na cidade e delegar todo na xestión dunha Xunta de Galiza, à que o únicoque lle interesa é entregar estas prestacións às empresas concesionarias está a provocar unha reducción de servizos, un constante cámbio de horarios que supón un empeoramento das condicións e unha mala calidade do mesmo para os seus usuarios e usuarias.
O BNG sinala que a continua reorganización de servizos na liña de autobuses Ferrol-A Coruña executadas pola empresa concesionaria, moitas veces sen previo aviso, e que conlevan a supresión de liñas, modificación de horarios, e unificación de servizos están a provocar unha masificación e un aumento dos tempos de viaxe. Así mesmo as reorganizacións e reduccións de horarios nas liñas que prestan o seu servizo na cidade de Ferrol, executadas coa escusa da situación sanitaria, son intolerables.
Iván Rivas, sinalou que o goberno municipal non pode actuar do xeito que está a facer nesta materia. Esixiu ao alcalde da cidade que deixe de mirar para outro lado como se oproblema non fora con él e esixa as empresas concesionarias como a Xunta de Galiza que presten este servizo nas mellores condicións para os veciñose veciñas de Ferrol.