O BNG censura a negativa do Ministerio de Defensa de informar favorablemente ao taller de subloques de Navantia

Iván Rivas instou ao goberno do Estado a, en primeiro lugar rectificar a súa decisión de impedir o desenvolvemento do proxecto de subloques para os estaleiros da ría e en segundo lugar a rectificar esta dinámica de décadas que nos limitan tanto no económico, como no urbanístico e exixiu ao Alcalde da cidade un rexeitamento firme á resolución do Mº de Defensa que impide o desenvolvemento urbanístico do taller de subbloques nas instalacións de Navantia.
O BNG censura a negativa do Ministerio de Defensa de informar favorablemente ao taller de subloques de Navantia

Ferrol 7 de marzo d 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante da decisión do Ministerio de Defensa de informar desfavorablemente ao Estudo de Detalle para a construción do novo taller de subloques que Navantia pretendia construir en Ferrol asegura que esta decisión do Mº de Defensa demostra unha vez máis que para o estado o futuro desta cidade é sempre unha cuestión secundaria diante dos intereses particulares de Defensa.

Iván Rivas lembra que no ano 2018 o congreso aprobou o real decreto RD/ 282/2018 que outorga ao Mº de defensa a capacidade para vetar calquera actuación nos estaleiros da ría senón conta coa súa anuencia.

Este real decreto, que se aprobou cos votos favorables do PP e do PSOE, declarou o Arsenal militar e a Estación militar de A Graña como zonas de Interese para a defensa do Estado e isto implica que calquera cousa que se queira facer neses terreos debe contar coa autorización do Mº de Defensa e ademais os intereses militares teñen carácter prioritario respecto de calquera outra consideración, como as de carácter medioambiental ou urbanístico.

O artigo 2.c do citado decreto obriga a someter á autorización do Ministerio de Defensa calquera obra de edificación ou construción, promovida por entidades públicas o privadas.

Non sendo esto suficiente o PP presentou unha proposta en 2020 no senado co obxecto que aqueles terreos que non estaban incluído neste ámbito se incorporasen a el.


Daqueles lodos estes barros


Iván Rivas censurou a dobre moral dos partidos estatais na cidade que antepoñen os intereses militares do estado ou a súa opinión fronte aos intereses da cidade e os seus veciños e veciñas.

Desde o BNG consideramos que basta xa de que esta cidade e os seus intereses se subordinen aos militares e a súa valoración.

Iván Rivas instou ao goberno do Estado a, en primeiro lugar rectificar a súa decisión de impedir o desenvolvemento do proxecto de subloques para os estaleiros da ría e en segundo lugar a rectificar esta dinámica de décadas que nos limitan tanto no económico, como no urbanístico e exixiu ao Alcalde da cidade un rexeitamento firme á resolución do Mº de Defensa que impide o desenvolvemento urbanístico do taller de subbloques nas instalacións de Navantia.

É lamentable a hipocresía do PP e PSOE que por unha parte apoian unha folga xeral e ao mesmo tempo aproban todas as decisións que poñen atrancos ao desenvolvemento dos estaleiros na ría e a posibilidade de desenvolvernos independentemente dos intereses militares do Estado.

O BNG censura a negativa do Ministerio de Defensa de informar favorablemente ao taller de subloques de Navantia