bng
Novas
Grupo municial BNG

O BNG pide compromisos inequívocos para a recuperación da ría

O BNG esixiu ás administracións que asuman a súa responsabilidade respecto da situación de deterioro dun espazo económico e medio ambiental como é a ría de Ferrol. Ao Estado como principal responsábel das infraestruturas de saneamento e de enxeñaría como peiraos e pontes e á Xunta como administración que debera desenvolver as tarefas de control, inspección e mantemento e que durante todos estes anos tolerou o deterioro deste espazo.
Ler novas
Novas
Concentración 27 f AP-9

O BNG esixe a transferencia da AP-9 e a bonificación imediata das súas peaxes

Con este acto pretenden denunciar a hipocrisia do Partido Popular, que vota unha cousa no Parlamento Galego e vota a contraria no Congreso dos Deputados e a condescendencia, xa convertida en agresividade rabiosa, do Partido Socialista contra o BNG por facer unha reivindicación tan simple e tan basica como é a transferencia desta infraestrutura aos galegos e galegas e a implementación de bonificación das peaxes.
Ler novas
Novas
20210222_123710

O BNG propón denunciar na Unión Europea a anulación do pago do IBI de Navantia

Iván Rivas, afirmou que considera que esta vía é a que debemos adoptar fronte a sentenza do Tribunal Supremo que se salta por riba unha cuestión prexudicial solicitada por parte do xulgado de Ferrol que no seu momento demandaba a Navantia o pago do IBI e a na que se indicaba que os terreos do estaleiro público da nosa cidade estaban suxeitos ao pago do IBI e que a intención de Navantia de non pagar este tributo municipal era contrario ás normas de europeasCabe destacar que estas cuestións prexudiciais son de obrigado cumprimento para os tribunais de xustiza dos estados membros da UE.
Ler novas
Novas
20210217_111026

O BNG presentará unha moción para controlar as obras do túnel ao porto exterior e minimizar as molestias á veciñanza

O BNG anunciou a presentación dunha moción ao pleno municipal no que levarán as reclamacións dos veciños e veciñas de Brión, entre as que figuran que cesen os traballos nocturnos, que os traballos que se desenvolvan durante o dia estean controlados e que se aclaren cales van ser as consecuencias que estas obras terán para os veciños e veciñas. 
Ler novas
Novas
20210211_120832

O BNG e a veciñanza de Brión piden control sobre as obras do túnel de acceso ao porto exterior e que cesen os traballos nocturnos.

Rivas e Oreona demandaron da Autoridade Portuaria que cese de maneira inmediata a execución destas obras, polo menos en horario nocturno. Así mesmo piden que o concello de Ferrol desenvolva as labores de inspección e control que ten encomendadas no termo municipal para garantir que se cumpInicio ren cos criterios estabelecidos na normativa.
Ler novas