O BNG proporá ao pleno iniciar a rehabilitación do mercado de Recimil este mesmo ano

DSC_0007
DSC_0007
o BNG levará o estado deste mercado ao vindeiro pleno municipal e defenderá a inclusión nos orzamentos municipais de 2021 dunha partida económica que permita desenvolver o proxecto de rehabilitación do mercado este mesmo ano.
O BNG proporá ao pleno iniciar a rehabilitación do mercado de Recimil este mesmo ano

Ferrol 16 de marzo de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, mantivo esta mañá un encontro con representantes da asociación veciñal e con operadores do mercado de Recimil para abordar o estado desta instalación municipal e avanzar que o BNG levará o estado deste mercado ao vindeiro pleno municipal e defenderá a inclusión nos orzamentos municipais de 2021 dunha partida económica que permita desenvolver o proxecto de rehabilitación do mercado este mesmo ano.

 

Iván Rivas quixo reivindicar unha das necesidades básicas que ten o barrio de Recimil, como é e a recuperación dun dos seus elementos máis singulares, o mercado, que debe contribuir para o desenvolvemento social, económico e residencial desta zona da cidade. Actualmente, sinalou, este mercado ten moitisimas deficiencias, tanto de uso, como de ocupación, como do seu estado de conservación.

 

O BNG quixo poñer de relevo a necesidade de asignar os postos que a día de hoxe permanecen baleiros neste mercado. O BNG cre que é contraditorio o feito de que existan solicitudes por arte de operadores para a ocupación deses postos e que non se atendan por parte do goberno local.

 

Así mesmo o BNG puxo de relevo que existen operadoras do mercado que levan meses agardando pola resposta municipal diante desas solicitudes. É absolutamente inadmisible que existindo demandantes deses postos o concello sega a manter postos pechados no mercado de Recimil.

 

Tamén indicou que existen solicitudes para o desenvolvemento de actividades económicas ocupando o espazo publico, neste mercado, concretamente para permitir a ocupación de terrazas e que desde o concello segan sen resolver estas demandas obrigando a manter pechados negocios que poderían estar en activo se se concedesen as licencias de terrazas.

 

Nun contexto como o actual no que a hostalería e o pequeno comercio ten tantas limitacións impostas e restricións para poder desenvolver a súa actividade aínda por riba que a administración local impida que a pequena marxe que teñen que é usando o espazo exterior é inaceptábel que o concello poña tantos atrancos para asignar e dar estar licencias de ocupación de espazo publico e a colocación destas terrazas.

 

Iván Rivas defendeu a necesidade urxente de acometer a recuperación integral do mercado de Recimil. Recordou que hai un estudo de 2018 que permanece nun caixón do concello que debería servir de base para iniciar a rehabilitación deste mercado cunha nova asignación de espazos, unha nova agrupación de usos, a habilitación de espazos exteriores que permitan que o mercado de Recimil sexa un dos focos principais de dinamización económica e que conlevará a dinamización social do barrio acompañada, claro está da rehabilitación residencial das vivendas buscando a súa diversificación.

 

O BNG considera que é preciso dotar economicamente un proxecto de rehabilitación nos orzamentos municipais deste ano 2021 e lémbralle ao goberno local que xa hai máis dun ano que se comprometeu a desenvolver este proxecto, tras unha moción apresentada polo BNG e aprobada por unanimidade e que a día de hoxe segue sen efectivizarse.

 

Porque o Mercado de Recimil debe ser un dos elementos fundamentais para a recuperación do barrio o BNG presentará unha moción ao pleno de fin de mes para adquirir o compromiso firme e explícito por parte da corporación local dunha partida que permita iniciar este camiño ao longo dos próximos meses.

 

Monica Pantín, operadora do Mercado

 

Afirmou que os operadores se atopan diante dunha situación límite. Ela leva pechada desde que se iniciou a pandemia por culpa das limitacións de aforo. Cun local de 16 metros cadrados non ten capacidade de atender xente no interior e segue máis dun ano despois tentando que o concello lle conceda o permiso para a instalación da terraza, unha terraza coa que contou até o ano 2015, polo que non comprende porque agora non lla conceden, namentres segue pagando a taxa polo negocio, con el pechado. Tamén segue agardando para ocupar o posto do lado que leva anos pechado e non llo queren ceder.

 

Tamén pediu o arranxo do mercado, do que dixo que está nunhas pésimas condicións que os baños están sempre en mal estado.

 

 

Maria José Pita, Asociación Veciñal de Recimil

 

Defendeu que como Asociación veciñal queremos que se recupere o barrio e para iso hai que empezar por recuperar o Mercado. A dinamización empeza polo mercado e pola escola e se non se mira o que esta pasando, aquí se non se aposta por esta zona isto vai ser un gueto. Este mercado funciona e aínda podía funcionar máis se estivera acondicionado e defendeu a súa centralidade e que da servizo a unha zona grande de Ferrol.

 

O BNG proporá ao pleno iniciar a rehabilitación do mercado de Recimil este mesmo ano