Para o BNG a resolución sobre as facturas de ACUAES demostra o entregismo do goberno local a intereses alleos à cidade
03/abr./2022
Iván Rivas sinalou que xa en outubro de 2020 o BNG denunciaba a intención do Alcalde desta cidade de pagar as cantidades esixidas pola empresa ACUAES, dependente do Ministerio de Fomento, correspondentes á construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol que xa pagamos na taxa de depuración e que cobra EMAFESA.