O BNG considera lamentable que o goberno local use a policía contra o tecido cultural
Ferrol 26 de abril de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera lamentable a actitude do goberno municipal de Angel Mato por abandonar á cultura de base na cidade e por enviar á policía local contra estes colectivos como aconteceu o venres no inicio das actividades da “Palavra Encarnada”.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, acusou ao goberno municipal de ter abandonado esta iniciativa cultural, unha iniciativa consolidada na cidade á que o goberno municipal tenlle negado este ano apio económico e loxístico. Así mesmo, resulta evidente que a cultura de base e popular non entra na planificación do goberno de Angel Mato
Iván Rivas, tamen, avanzou que o BNG pedirá explicacións ao alcalde da cidade polas ordes da concellería de cultura de enviar á policía local para identificar as persoas participantes no recitado de poemas que tiña lugar no palco da música do Cantón o pasado venres, cando esta actividade fora comunicada previamente ao concello