O BNG pídelle a Mato honestidade en relación coa retirada dos simbolos franquistas.

DSC_0168
restos do franquismo en Ferrol
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o alcalde desta cidade debe ser honesto e se pensa que a súa postura é diverxente á do goberno socialista desta cidade de hai 40 anos, debería votar en contra da proposta máis posicionarse a favor para despois anunciar a negativa a dar cumprimento ao acordo dista moito do que se agarda do alcalde de Ferrol.
O BNG pídelle a Mato honestidade en relación coa retirada dos simbolos franquistas.

Ferrol 12 de abril de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pide ao alcalde da cidade, Angel Mato, que actúe con honestidade e asuma os acordos que el mesmo ten votado favorablemente no pleno de Ferrol en relación coa retirada dos símbolos, distincións e recordos que perduran na cidade do réxime franquista. Votar a favor dun acordo cando nin se asume nin se comparte é enganar á cidadanía.

O Bloque Nacionalista Galego lembra que hai 40 anos, en marzo de 1981, esta cidade xa retirou do nomenclator municipal o nome de González Llanos pola súa vinculación co réxime franquista, polo tanto o debate que ten xurdido respecto do acordo adoptado no pleno municipal é un debate extemporáneo.

O cambio de nome da rúa “González llanos” (actual estrada de circunvalación) promovida polo alcalde Xaime Quintanilla, en pleno postfranquismo e cando nin sequera existía unha Lei de Memoria Democrática, demostra que nesta cidade non só nada temos avanzado senón máis ben retrocedido en temas como este, a eliminación dos espazos públicos dos restos da ditadura franquista.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o alcalde desta cidade debe ser honesto e se pensa que a súa postura é diverxente á do goberno socialista desta cidade de hai 40 anos, debería votar en contra da proposta máis posicionarse a favor para despois anunciar a negativa a dar cumprimento ao acordo dista moito do que se agarda do alcalde de Ferrol.

Así mesmo a postura do Partido Popular de Ferrol quen nun exercicio de cinismo político se abstivo nunha moción que, á vista das súas opinións, non comparten en absoluto, xunto co anuncio da presentación dunha moción para lembrar e honrar á figura dun destacado membro do réxime franquista retrata ben as claras quen é o Partido Popular, a ideoloxía que representa e non ten reparos en votar unha cousa e publicamente asumir outra.

O BNG pídelle a Mato honestidade en relación coa retirada dos simbolos franquistas.