O BNG insta ao alcalde a solucionar os problemas de persoal do concello

Ivan Rivas
Ivan Rivas
O BNG insta ao Alcalde de cidade, Angel Mato, a mudar a súa actitude fronte a estas problemáticas, a obriga do goberno municipal é atopar unha solución as mesmas.
O BNG insta ao alcalde a solucionar os problemas de persoal do concello

Ferrol 11 abril de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o Alcalde da cidade non pode seguir mirando cara outro lado a respecto dos problemas de persoal do concello: xardíns, bibliotecas, traballadores de deportes.

 

O BNG insta ao Alcalde de cidade, Angel Mato, a mudar a súa actitude fronte a estas problemáticas, a obriga do goberno municipal é atopar unha solución as mesmas. É por isto, que o BNG considera preciso que o goberno local adopte as medidas oportunas para solucionar estes conflitos, dialogue cos mesmos e deixe de tentar reprimir ou vulnerar o dereito á folga de todos estes traballadores.

 

O BNG lembra que en diferentes ocasións temos feito ao goberno local, propostas para mellorar a xestión dos servizos municipais e a situación do cadro de persoal entre as que se atopaba a remunicipalización dos servizos a día de hoxe prIvatizados moitos deles sen contrato.

O BNG insta ao alcalde a solucionar os problemas de persoal do concello