Urxen a construción do monumento ás vítimas do franquismo en Ferrol

DSC_0081
Comisión pro-memorial
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que este monumento só depende da vontade do goberno por querer facelo. Lembroulle ao goberno local que gobernar conleva obrigacións e os compromisos que se adquiren deben ser asumidos.
Urxen a construción do monumento ás vítimas do franquismo en Ferrol

Ferrol 4 de abril de 2022. Membros da comisión pro memorial dos asasinados polo franquismo en Ferrolterra colgaron esta mañá dun dos balcóns da fachada do concello de Ferrol unha pancarta que recolle o nome das persoas asasinadas polo franquismo na nosa comarca para reclamar a construción do monumento a estas vítimas comprometido polo pleno de Ferrol.

 

Tom Blanco, integrante desta comisión da que tamén forman parte o BNG e Ferrol en Común, indicou que esta acción só pretende evidenciar o atraso do alcalde de Ferrol en sacar adiante o proxecto de construción dun monumento as vítimas do franquismo nesta cidade.

 

Sinalou que transcorreron dous meses desde a última xuntanza da mesa municipal da memoria, que se celebrou o 2 de febreiro, e constatan que este proxecto esta paralizado. Levan reiterado, numerosas veces, a necesidade de avanzar neste proxecto porque queda tan só un ano de mandato municipal e queremos que este monumento se realice durante o presente mandato tal e como se aprobou o pleno municipal o pasado 29 de xullo mediante unha moción que foi aprobada sen ningún voto en contra.

 

Tom Blanco lembrou que a moción aprobada fixaba un prazo de 6 meses para sacar adiante o proxecto e a pesar de saber que podía ser un prazo temporal axustado, o certo é que transcorridos 9 meses o proxecto esta paralizado. Lembrou que conxuntamente coa asociación memoria histórica elaboraron o listado cos nomes das vítimas e na mesa da memoria municipal chegouse a un acordo para as bases do monumento pero está todo paralizado e o goberno só busca escusas para adiar o desenvolvemento desta proposta.

 

É por isto que hoxe decidimos mobilizarnos, poñendo unha pancarta na fachada do concello e agardan que, desta volta, non a retiren como fixeron hai uns meses pois sería unha ofensa as nosos veciños e veciñas ausentes porque foron asasinadas polo franquismo.

 

Iván Rivas, portavoz do BNG

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que este monumento só depende da vontade do goberno por querer facelo. Lembroulle ao goberno local que gobernar conleva obrigacións e os compromisos que se adquiren deben ser asumidos.

 

Afirmou que as bases para o concurso de ideas sobre o monumento están aprobadas na comisión de memoria municipal ao igual que o listado de vítimas e a localización que tamén esta definida. O único que falta é dotar economicamente o proxecto e para a súa execución e publicar as bases.

 

Así mesmo, indicou que estamos nunha situación limite para poder deixar o monumento construído antes de que remate o mandarto e pediu ao Alcalde que, cando menos,sexa honesto e diga se o vai a facer ou non, xa que este colectivo merece que se lles de unha resposta as súas demandas.

Urxen a construción do monumento ás vítimas do franquismo en Ferrol