Novas
Sánchez Aguilera
Novas
O BNG advirte do engano dos anuncios de Mato sobre a vivenda no Sánchez Aguilera
20/abr./2023
Iván Rivas, sinalou que na actualidade non existe ningún programa dentro do Plan estatal de vivenda 2022-2025 vixente ( e fora tampouco) destinado a financiar a construción de vivenda nova de protección. Todos os programas que existen na actualidade e desde o Plan Estatal de vivenda de 2013-2016 destinan os seus fondos á rehabilitación e mellora enerxética das edificacións.
Novas
O BNG celebra a retirada dos coches abandonados do Sánchez Aguilera
01/mar./2023
Para o BNG o goberno local só actúa a remolque das denuncias sociais e só reaxe cando hai quen evidencia a súa deixadez e pon ao descuberto. Como neste caso, unha grave neglixencia medioambiental.
Novas
O BNG visita o Sánchez Aguilera para defender a súa transformación nunha grande zona verde
17/dec./2022
Iván Rivas, candidato do BNG a alcaldía de Ferrol, tras ver o estado desta parcela indicou que a día de hoxe a proposta do BNG cobra cada vez mais senso e urxiu ao resto de organizacións políticas a asumila, decidir o destino deste espazo é un debate fundamental para a cidade de Ferrol.
Novas
O BNG inicia unha campaña coa proposta de convertir o Sánchez Aguilera nunha grande zona verde
09/dec./2022
Iván Rivas, portavoz do BNG, explicou que o BNG pretende dar a coñecer a súa proposta para esta parcela que pasa por desvincular estes terreos do convenio con Defensa e así poder converter estas case 10 hectáreas hoxe abandonadas na maior zona verde urbana da cidade.
Novas
Para o BNG o proxecto de reparcelación do Sánchez Aguilera aséntase en prácticas especulativas propias da burbulla inmobiliaría.
13/set./2022
Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, acusou ao alcalde da cidade de deslealdade cos intereses de Ferrol ao tramitar este documento a sabendas de que a súa aprobación non conleva implícitamente a aprobación do convenio co Ministerio de Defensa polo que o goberno do Estado obterá unha edificabilidade na cidade, produto dun plan especial especulativo,
Novas
O BNG propón a ampliación da praza "Sánchez Aguilera"
24/nov./2021
Ivan Rivas afirma que con este proxecto o BNG procura que se desenvolvan na cidade pequenas intervencións urbanas que incorporen para o público solares que até o momento se atopan baleiros para reconvertelos en lugares de esparcimento e encontro.
Opinión