O BNG celebra a retirada dos coches abandonados do Sánchez Aguilera

Interior do Sánchez Aguilera
Interior do Sánchez Aguilera
Para o BNG o goberno local só actúa a remolque das denuncias sociais e só reaxe cando hai quen evidencia a súa deixadez e pon ao descuberto. Como neste caso, unha grave neglixencia medioambiental.
O BNG celebra a retirada dos coches abandonados do Sánchez Aguilera

Ferrol 1 de marzo de 2023. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol celebra que tras as reiteradas denuncias desenvolvidas por parte do BNG o goberno local decidise retirar os vehículos almacenados no Cuartel Sánchez Aguilera e lembra ao goberno local a necesidade de reorientar o futuro deste espazo para convertilo nun gran pulmón verde no corazón da cidade

 

O BNG considera que foi a visita que realizou a estas instalacións, o pasado mes de decembro, nas que se evidenciou publicamente o lamentábel estado no que se atopaban estas instalacións, convertidas nun vertedoiro e deposito de coches abandonados, o que propiciou que por parte do goberno local se apuraran os trámites para retirar esta chatarra das instalacións.

 

Para o BNG o goberno local só actúa a remolque das denuncias sociais e só reaxe cando hai quen evidencia a súa deixadez e pon ao descuberto. Como neste caso, unha grave neglixencia medioambiental.

 

Desde o BNG é por isto que consideramos que debemos converter esta parcela no garnde pulmon verde da cidade. Son 90.000m2 que podemos converter nunha zona verde referencial na cidade de Ferrol e referencial no conxunto da comarca, unha zona verde dunha extensión de 10 campos de futbol no corazón da cidade para conectar os barios da Madalena, Canido, Santa Mariña e Catabois.

 

O BNG celebra a retirada dos coches abandonados do Sánchez Aguilera