O BNG visita o Sánchez Aguilera para defender a súa transformación nunha grande zona verde
Iván Rivas, candidato do BNG a alcaldía de Ferrol, tras ver o estado desta parcela indicou que a día de hoxe a proposta do BNG cobra cada vez mais senso e urxiu ao resto de organizacións políticas a asumila, decidir o destino deste espazo é un debate fundamental para a cidade de Ferrol.
17 dec. 2022 - 17:37
Ferrol 17 de decembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol realizou esta mañá unha visita ao interior do acuartelamento Sánchez Aguilera co fin de percorrer esta parcela e, sobre o terreo, tentar visualizar a proposta nacionalista que pasa por desvincular estes terreos do convenio con Defensa e así poder converter estas case 10 hectáreas hoxe abandonadas na maior zona verde urbana da cidade.
Iván Rivas, candidato do BNG a alcaldía de Ferrol, tras ver o estado desta parcela indicou que a día de hoxe a proposta do BNG cobra cada vez mais senso e urxiu ao resto de organizacións políticas a asumila, decidir o destino deste espazo é un debate fundamental para a cidade de Ferrol.
Rivas salientou, tras comprobar o estado no que se atopan estas instalacións, que deberiamos esixir responsabilidades ao goberno municipal actual e aos anteriores polo estado no que nos atopamos este espazo, convertido nunha especie de cemiterio de vehículos, nun estado lamentabel e cunhas edificacións nun estado avanzado de deterioro. É por isTo que ademais de esixir esas responsabilidades se deben adoptar decisións para poder sair desta situación.
Desde o BNG consideramos necesario desvincular estes terreos do convenio con Defensa e así poder converter estas case 10 hectáreas na maior zona verde urbana da cidade. Cómpre rachar coa inercia do pasado e tomar dceisións. Nunha cidade de algo máis de 63.000 habitantes que ten o 20% das vivendas baleiras seguir pensando que a alternativa pasa por construir 500 novas vivendas e un grande contentor comercial de máis de 24.000 m2 non ten ningun sentido e só se xustifica por seguir alimentando a especulación e os intereses económicos da administración estatal e do ministerio de Defensa.
O BNG quere crear o garnde pulmon verde da cidade. Son 90.000m2 que podemos convertir nunha zona verde referencial na cidade de Ferrol e referencial no conxunto da comarca, unha zona verde dunha extensión de 10 campos de futbol no corazón da cidade para conectar o bario da Madalena, Canido, Santa Mariña e Catabois e crear o grande pulmon verde de Ferrol.
O BNG resalta que na cidade dispoñemos de recursos que estan totalmente desaproveitados. Algunhas das edificacións do Sánchez Aguilera son edificios qye debemos aproveitar para darlle usos culturais e equipamentos dos que tanta necesidade temos na cidade e puxo como exemplo o vello cine-teatro deste acuartelamento.
O BNG pretende dar a coñecer a cidadanía a súa proposta e para iso organiza unha charla coloquio que terá lugar o vindeiro martes 20 de decembro às 19:30 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán.