O BNG reprocha o uso do aparcadoiro do Sanchez Aguilera como depósito de materiais
Ferrol 7 de decembro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol reprocha ao goberno local a decisión de utilizar a explanada do Sanchez Aguilera como zona de acopio de material das obras da rúa Rubalcava.
Os nacionalistas lembran que hai menos de 10 días que se acondicionou cunha nova capa de meterial o aparcadoiro do Sanchez Aguilera e reprochan o goberno municipal do PP que utilice agora parte desta explanada como depósito e almacenamento de materiais coa conseguinte entrada e saída de maquinaria pesada nesta zona procedente da obra de reurbanización da rúa Rubalcava.
O concelleiro do BNG Roberto Montero recrimina o goberno de Rei Varela que gastase, hai uns días, nesta reparación máis de 13.000 € para que agora se volva a estragar prematuramente co uso de almacén de materiais e entrada de maquinaria da obra da rúa Rubalcava.
Montero comenta que “o goberno municipal sigue mantendo o recinto cerrado do Sanchez Aguilera como un cemiterio de coches e escombros, polo que se podería usar este recinto para estes labores, sen converter a parte visible do aparcadoiro noutra lameira para material de construción”.