O BNG esixe a transferencia da AP-9 e a bonificación imediata das súas peaxes
Con este acto pretenden denunciar a hipocrisia do Partido Popular, que vota unha cousa no Parlamento Galego e vota a contraria no Congreso dos Deputados e a condescendencia, xa convertida en agresividade rabiosa, do Partido Socialista contra o BNG por facer unha reivindicación tan simple e tan basica como é a transferencia desta infraestrutura aos galegos e galegas e a implementación de bonificación das peaxes.
04 mar. 2021 - 21:17
Ferrol 27 de febreiro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu esta mañá un acto reivindicativo, concentrandose no punto de acceso da autoestrada AP-9 na cidade de Ferrol, para esixir que o goberno Español cumpra os seus compromisos con Galiza e que proceda à transferencia da autoestrada AP-9 e a rebaixa das súas peaxes. O futuro imediato da AP-9 ten que pasar polo seu rescate e pola xestión pública desta infraestrutura polo goberno galego.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, sinalou que con este acto tamén pretenden denunciar a hipocrisia do Partido Popular, que vota unha cousa no Parlamento Galego e vota a contraria no Congreso dos Deputados e a condescendencia, xa convertida en agresividade rabiosa, do Partido Socialista contra o BNG por facer unha reivindicación tan simple e tan basica como é a transferencia desta infraestrutura aos galegos e galegas e a implementación de bonificación das peaxes.
Iván Rivas lembrou que para a bonficación das peaxes existe unha consignación orzamentaria de escasamente 50 millóns de euros nos Orzamentos do Estado que se nagan a aplicar inmediatamente. Namentras, sinala, procederon ao rescate das radiais madrileñas por máis de 2.000 millóns de euros.
Para Iván Rivas resulta sintomático o silencio cómplice do alcalde da cidade que non abre a boca diante desta aldraxe e agravio permanente para cos veciños e veciñas desta cidade, mentres se erixe en representante público da veciñanza de Ferrol e actua de forma conivente con estas decisións da administración estatal.
Iván Rivas adevertiu que desde o BNG continuaremos a reivindicar, en primeiro lugar, a bonificación das peaxes de maneira imediata, tanto no congreso dos Deputados, como no parlamento galego como faremos a vindeira semana no pleno municipal e non cesaremos até conquerir a transferencia desta infraestrutura.. Así mesmo e como obxectivo último e proritario debemos acadar que a transferencia da AP-9 à administración galega implique o seu rescate e a xestión pública dunha infraestrutura básica para o desenvolvimento económico e social deste pobo, desta cidade e desta comarca.