O BNG esixe ao goberno unha alternativa ao peche do complexo deportivo Javier Gómez Noya

Encontro cos clubs da piscina de caranza
Encontro cos clubs da piscina de caranza
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o goberno local non pode deixar desamparados aos clubs que utilizan este complexo deportivo e destacou que a situación é se cabe máis grave para os clubs que teñen que utilizar a piscina que fican sen unha alternativa para a desenvolver a súa actividade,
O BNG esixe ao goberno unha alternativa ao peche do complexo deportivo Javier Gómez Noya

Ferrol 4 de novembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego no concello de Ferrol exixiu esta mañá ao goberno local que busque unha alternativa ao peche do complexo deportivo Javier Gómez Noya e facilite aos clubs afectados un lugar onde poder desenvolver a súa actividade mentres estas instalacións estan fóra de servizo.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o goberno local non pode deixar desamparados aos clubs que utilizan este complexo deportivo e destacou que a situación é se cabe máis grave para os clubs que teñen que utilizar a piscina que fican sen unha alternativa para a desenvolver a súa actividade, polo que esixe que o goberno local xestione unha alternativa a esta situación.

O BNG insiste en que de igual maneira que o Ministerio de Defensa recorre ao concello cando precisa algunha instalación municipal o goberno local debería solicitar ao Ministerio de Defensa a utilización da piscina de Batallóns para resolver esta incidencia ou facilitarlles aos clubs a utilización da piscina da Malata.

Para o BNG o goberno local non pode comunicar que o complexo deportivo terá que permanecer pechado todo o mes e deixar aos clubs a súa sorte e tendo que ser eles quen se busquen a vida para poder adestrar. Esta situación demostra que unha deficiente xestión por parte do goberno municipal tanto nas labores de mantemento da instalación como agora na procura dunha alternativa deportiva para estes clubs.

Iván Rivas lembra que non é a primeira vez, neste mandato, que se pon enriba da mesa a necesidade que ten a nosa cidade de contarmos cunha nova lámina de auga, demandada tanto polas usuarias que demandan acudir a unha piscina como polos clubs deportivos cos que conta o concello.

O BNG lembra que unha opción viábel como é a ampliación da piscina de Caranza, e dotala dun novo vaso que permitiría ampliar esta instalación e cubrir a demanda foi presentada polo noso grupo no pleno municipal e rexeitada polo resto de organizacións políticas.


 

O BNG esixe ao goberno unha alternativa ao peche do complexo deportivo Javier Gómez Noya