Ferrol precisa dun goberno local capaz de enfrontarse á burla permanente dos Orzamentos do Estado para coa nosa cidade

Ivan Rivas
Ivan Rivas

Iván Rivas, destacou que Ferrol non pode continuar con Alcaldes que ao tempo que o Estado non aporta un euro para a rexeneración urbana da cidade nos orzamentos dos últimos anos, lle agasallen ao Ministerio de Defensa cun pelotazo urbanísitco no Sánchez Aguilera.

Ferrol precisa dun goberno local capaz de enfrontarse á burla permanente dos Orzamentos do Estado para coa nosa cidade

Ferrol 7 de outubro de 2022. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, sinalou esta mañá que o problema non son os orzamentos do Estado 2023, o problema é a dinámica pola cal o Estado considera Ferrol unha cidade de usar e tirar e diante da cal os gobernos locais de turno consinten e calan. É por isto que precisamos dun goberno local que se enfronte a esta burla permanente.

 

Iván Rivas, destacou que Ferrol non pode continuar con Alcaldes que ao tempo que o Estado non aporta un euro para a rexeneración urbana da cidade nos orzamentos dos últimos anos, lle agasallen ao Ministerio de Defensa cun pelotazo urbanísitco no Sánchez Aguilera.

 

Con Alcaldes que mentres o Estado non consigna un euro nos orzamentos para compensar que o Ministeria de Defensa non paga tributos, lle aprobe unha amnistía fiscal á Autoridade Portuaria.

 

Con Alcaldes que mentres o estado illa á cidade do resto do país por continuar cunhas infraestruturas ferroviarias de hai cen anos, toleren concesións privadas de transporte público a través da Xunta de Galiza precarias.

 

Con Alcaldes que diante da burla de considerar o diñeiro das F110 como un investimento da cidade, cala diante da actual restructuración en Navantia e a negativa a abrirse ao mercado da construción civil.

 

Desde o BNG preguntámonos onde quedou o Pacto de Estado por Ferrol que o PP e PSOE da cidade avalaron?

 

Iván Rivas, portavoz nacionalista en Ferrol, afirmou que temos que saír desta especie de bipartidismo harmónico no que se teñen instalado tanto o PP como o PSOE durante todos estes anos e que esta a levar a cidade a unha situación límite. Vai sendo hora de romper con esta inercia na que os partidos estatais nos teñen instalado durante todos estes anos e dicir que basta xa de enganos e de palabras sen contido.

Ferrol precisa dun goberno local capaz de enfrontarse á burla permanente dos Orzamentos do Estado para coa nosa cidade