"Ferrol quere tren" a nova campaña do BNG para mellorar os servizos ferroviarios da cidade

camapña Ferrol quere tren
presentación da campaña "Ferrol quere tren"
Iván Rivas salientou que da actual situación  sairemos se somos capaces de criar unha demanda social suficiente que faga reaxir aos responsábeis políticos desta situación, o goberno do Estado e a Xunta de Galiza.
"Ferrol quere tren" a nova campaña do BNG para mellorar os servizos ferroviarios da cidade

Ferrol 4 de febreiro de 2022.Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, presentou esta mañá a campaña que o BNG vai desenvolver ao longo das vindeiras semanas na nosa cidade en relación coa situación na que se atopan os servizos ferroviarios en Ferrol e a necesidade da súa modernización e impulso, que se desenvolverá baixo o lema de “Ferrol quere tren”.

 

Iván Rivas, portavoz nacionalista, indicou que a mellora dos servizos ferroviarios é un dos principais retos que ten a cidade, ademais de que é un servizo fundamental para vertebrar o territorio de Ferrol coa comarca e co país e para o desenvolvemento económico dunha cidade que tantas necesidades ten e para iso contar cunhas infraestruturas de transporte ferroviarias que o faciliten é básico ademais de ser básico para a cohesión social.

Iván Rivas salientou que da actual situación  sairemos se somos capaces de criar unha demanda social suficiente que faga reaxir aos responsábeis políticos desta situación, o goberno do Estado e a Xunta de Galiza.

A situación de abandono na que nós atopamos contou de xeito permanente coa complicidade da Xunta de Galiza tanto cando no goberno do Estado tomaba as decisións o PP como cando o fai o PSOE. Lembrou que hai escasos dia visitaba a cidade a Ministra de Transporte sen aportar ningunha solución igual que é inaceptábel o comportamento do presidente da Xunta ao respecto e que nin unha nin o outro teñan unha contestacións contundente por parte do alcalde da cidade. Un alcalde que mantén un silencio cómplice dun alcalde diante desta situación.

BNG levará a súa campaña aos diferentes barrios da cidade ao mesmo xeito que desenvolve iniciativas políticas para dar a coñecer as súas propostas para a recuperación e mellora dos servizos ferroviarios na cidade entre as que cómpre sinalar: a construción dun By-pass en Betanzos para acurtar os tempos de viaxe entre Ferrol e A Coruña por debaixo dunha hora; O aumento do número de Servizos á Coruña posibilitando conexións con destino ao resto do país e a dotación de material rodante igual que o do resto do Eixo Atlántico; Acometer a modernización do trazado ferroviario entre Ferrol e A Coruña, contemplando a electrificación e dupla vía; ou a creación dunha compañía pública ferroviaria galega que mellore a prestación deste servizo permita desenvolver os servizos de transporte ferroviario na Galiza contribuíndo a vertebración económica, social e territorial do país.

"Ferrol quere tren" a nova campaña do BNG para mellorar os servizos ferroviarios da cidade