Reclaman o libre aceso da cidadanía ao pazo municipal e a apertura ao público de todas as dependencias municipais.

DSC_0211
Entidades asinantes da proposta
Presentouse publicamente un documento no que se recollen as demandas para recuperar o libre aceso da cidadanía ao pazo municipal de Ferrol e a apertura ao público de todas as dependencias municipais que a día de hoxe se atopan pechadas.
Reclaman o libre aceso da cidadanía ao pazo municipal e a apertura ao público de todas as dependencias municipais.

Ferrol 16 de febreiro de 2022. Esta mañá representantes veciñais de Ferrol xunto ao portavoz municipal do BNG, Iván Rivas, presentaron publicamente un documento no que se recollen as demandas para recuperar o libre aceso da cidadanía ao pazo municipal de Ferrol e a apertura ao público de todas as dependencias municipais que a día de hoxe se atopan pechadas.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, que co documento apresentado esta mañá ao alcalde trátase de ir recuperando os dereitos que os veciños e veciñas desta cidade teñen perdido ao longo dos últimos anos. No contexto sanitario que padecimos era comprensíbel adoptar medidas de restricións de acceso a edificios e a ámbitos da administración pública mais ese contexto, a día de hoxe, está nunha situación moi diferente ao do inicio da pandemia sanitaria.

 

O documento asinado polo BNG e as entidades: A.VV. A Magdalena, A.V.V., Covas, A.V. Canido, A.V.V. “Castelao” de Brión, A.V.V. “Rosalía” A Graña, A.V.V. Ultramar, Agrupación de A.V.V. da Zona Rural; A.V.V. San San-Bertón ; A.V.V Ferrol Vello A.V.V. Recimil, A.V.V. Santa Mariña, A.V.V “O Cruceiro” Santa Icia, A.V.V San Pablo-Catabois, Dignidad e Asoc. Xeración; recolle 5 medidas concretas en relación coa mellora da acesibilidade dos veciños e veciñas de Ferrol nas súas relacións coa administración local.

 

Iván Rivas, defendeu que se algo se ten demostrado é a responsabilidade dos veciños e veciñas desta cidade a respecto do seu comportamento individual co obxecto de garantir a seguridade colectiva de todos os veciños e veciñas de Ferrol. É por isto que despois de escoitar as queixas reiteradas que se teñen producido polas dificultades de aceso a administración local vai sendo hora que se revirtan estas limitacións.

 

Asi mesmo producto da experiencia destes tempos consideramos que a administración electrónica pode ser positiva e solucionar, en moitos casos, a tramitación de expedientes, pero ten moitas eivas ademais de limitar o aceso ao conxunto da cidadanía. Asi que neste documento piden avanzar nunha administración electrónica que non deixe a ninguén descolgado e esta sexa de aceso universal mellorando as ferramentas e facendoas moito máis intuitivas.

 

Ademais coa supresión das limitacións de aceso ao pazo municipal trátase restaurar os dereitos dos veciños e veciñas desta cidade non só para realizar calquera tipo de solicitude ou trámite administrativo senón tamén para poder dirixirse e facer calquera tipo de suxerencia ou aporte aos responsábeis políticos municipais.

Reclaman o libre aceso da cidadanía ao pazo municipal e a apertura ao público de todas as dependencias municipais.