O BNG censura à negativa do goberno local a comemorar o Día de Rosalia
Ferrol, 20 de Ferreiro 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lamenta que o goberno local deixe pasar e non teña programado ningunha actividade de cara a próxima data do 23 de febreiro, día no que se vai conmemorar o Dia Rosalia de Castro.
María López, concelleira o BNG en Ferrol, sinala que no pasado pleno ordinario do mes de Xaneiro, presentamos unha moción promovida dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega . Máis o desprezo amosado polo Alcalde da cidade, Angel Mato, as iniciativas política que apresentamos os grupos municipais, arrastrando mocións dende o mes de Novembro e a negariva a celebrar os plenos para o seu debate impediron o seu debate. Este mércores celebrase o Día de Rosalia e a nosa moción aínda non foi debatida, nin sabemos cando é que se vai debater. É obvio que máis alá do seu debate plenario o goberno local tiña coñecemento desta efeméride e lamentablemente non se ten previsto ningún acto para esta conmemoración.
Na iniciativa elevada a pleno polo BNG incluianse propostas como:
- Declarar o día 23 como Día de Rosalía.
- Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da nosa escritora e que - - implicase a cidadanía
- Realizar unha leitura pública da obra rosalia implicando aos centros educativos do nosos e as entidades culturais do noso concello.
- Ou tamén agasallar libros de autoras e autores en lingua galega en librarías do concello, a aqueles alumnos dos centros educativos que fagan actividades de conmemoración do día de Rosalía.
María López, concelleira nacionalista, afirma que dende a última comisión de Participación cidadá onde está inserida a área de Normalización Lingüística, non se informou sobre os actos que van decorrer neste día, a excepción dunha ofrenda floral saida dende Protocolo, sen presencia institucional nin de público, ao contrario dos actos que sen rubor organiza o alcalde para aquelas cousas que sei que lle interesan..
O BNG lembra que dende diferentes ámbitos xa se coñecen as diferentes actividades que se van propoñer para ese día, son moitos os concellos adheridos a proposta da AELG, mais non a cidade de Ferrol. Tamén moitas outras entidades e vilas organizaron actividades diversas sen estar adheridas a esta iniciativa, como é o caso do Servicio de Normalización da Mancomunidade onde se porpón que a cidadanía saque a mellor Rosalía caracterizandose coma ella, ou a Sociedade Cultural Medulio no caso concreto de Ferrol.
María López lamenta profudamente que o goberno muncipal deixe a Ferrol á marxe destas actividades tan diversas, onde se implica a cidadanía para dar a coñecer, valorar e fomentar a nosa gran poetisa coa súa obra e o seu pensamento que segue tan vixente nos nosos días.