O BNG desenvolve un reparto informativo para esixir a derrogación da reforma laboral que consolida os recortes de dereitos do PP

DSC_0189
DSC_0189
“Queriamos pedirlle ao PSOE e Unidas Podemos que reflexionen sobre a proposta que pretenden aprobar, porque están a incumprir os acordos aos que chegaron coa cidadanía e incumpren eses compromisos non porque non poidan derrogar a reforma laboral do PP senón porque non queren, xa que de ser así terían o apoio político necesario no congreso para poder facelo”. indicou Iván Rivas.
O BNG desenvolve un reparto informativo para esixir a derrogación da reforma laboral que consolida os recortes de dereitos do PP

Ferrol, 31 de xaneiro de 2022.- O BNG de Ferrol realizou esta mañá un reparto informativo para esixir a derrogación real da reforma laboral. “Queriamos pedirlle ao PSOE e Unidas Podemos que reflexionen sobre a proposta que pretenden aprobar, porque están a incumprir os acordos aos que chegaron coa cidadania e incumpren eses compromisos non porque non poidan derrogar a reforma laboral do PP senón porque non queren, xa que de ser así terían o apoio político necesario no congreso para poder facelo”. indicou Iván Rivas.

Iván Rivas, portavoz municipal en Ferrol, en declaracións aos medios de comunicación, afirmou que diante da negativa de PSOE e Unidas Podemos a derrogar a reforma laboral, o BNG desenvolve unha campaña informativa por todo o país, “A actual proposta de modificación da reforma laboral ven avalada polas grandes empresas, polo mesmo PP e polo mesmo Jose María Aznar que mesmo pediu o voto favorábel para a mesma.” esta nova proposta mantén as cuestións máis lesivas da reforma laboral, como o abaratamento e facilidades para o despedimento, coa prevalencia dos convenios estatais sobre os convenios galegos e provinciais, coa eliminación da autorización administrativa para os despedimentos colectivos e coas reducións das indemnizacións por despidos improcedentes que, entendemos, ten que situarse en 45 días”. Todas estas edecisións supoñen un aforro económico para as grandes empresas que acometen procesos de despido global e un prxuizo substancial para as persoas que se ven afecadas polos despedimenros.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, lembrou que na proposta que se votará esta semana no congreso se mantén a eliminación da autorización administrativa para os despedimentos colectivos, algo que na nosa comarca somos perfectamente coñecedores e teriamos que loitar con isto xa que foi este feito o que posibilitou que se puideran acometer os ERES en Vestas, Poligal en Siemens Gamesa nas Somozas e que en definitiva as grandes empresas puideran deslocalizar a súa producción e non tiveran que dar ningnha explicación para facelo.

A prevalencia dos convenios estatais con respecto dos autonómicos implica que a capacidade a forza de negociación dos traballadores e traballadoras se ve fondamente mermada. A existencia dun sindicato propio como é a CIG no caso galego queda fora da negociación deses convenios o centro de negociación deses convenios alónxase dos intereses dos traballadores e traballadorase impide que se desenvolvan en base as súas necesidades e aos seus obxectivos laborais, non só é unha cuestión de impedir que os convenios estatais recollan mellores condicións para os traballadores e traballadoras é cuestión de que o centro de decisión sobre as cuestións que se toman sobre as condicións laborais das persoas estean onde traballan.

O BNG insistiu na necesidade os partidos do goberno do estado reflexionen e reorienten a súa política, algo que a día de hoxe parece que non esta na súa vontade, como se demostra no feito de non querer tramitar esta reforma laboral a través dun proxecto de lei o que impide que se poidan introducir enmendas e melloras a ese texto lexislativo que non deixa de ser a ccontinuidade do elaborado polo PP e que compre rexeitar de maneira contundente.

O BNG desenvolve un reparto informativo para esixir a derrogación da reforma laboral que consolida os recortes de dereitos do PP