naval
Novas
Ivan Rivas

O BNG aposta pola construcción naval civil e a incorporación de persoal para impulsar a actividade en Navantia

O proceso de reactivación do principal sector produtivo da cidade ten que pasar por tres piares fundamentais: a adopción dunha dirección política e empresarial que non condicione futuro dos estaleiros as directrices do Mº de Defensa, un segundo aspecto que ten que ver coa necesidade de dotar de carga de traballo no ámbito da construción civil e por último coa necesidade de contar coas infraestruturas e o persoal necesario para poder desenvolver toda esta actividade.
Ler novas
Novas

O BNG censura a negativa do Ministerio de Defensa de informar favorablemente ao taller de subloques de Navantia

Iván Rivas instou ao goberno do Estado a, en primeiro lugar rectificar a súa decisión de impedir o desenvolvemento do proxecto de subloques para os estaleiros da ría e en segundo lugar a rectificar esta dinámica de décadas que nos limitan tanto no económico, como no urbanístico e exixiu ao Alcalde da cidade un rexeitamento firme á resolución do Mº de Defensa que impide o desenvolvemento urbanístico do taller de subbloques nas instalacións de Navantia.
Ler novas
Novas

O BNG considera “un auténtico descaro” as declaracións de Mato sobre a situación de Navantia

Desde o BNG cremos que xa basta de enganos. Levamos décadas oíndo falar de promesas incumpridas, gaseiros, floteis ou os inminentes cortes de chapa das fragatas F110 desde 2015, pero a única realidade é que estamos inseridos nun novo proceso de restructuración, cunha redución do plántel da industria principal, que implica que os traballadores e traballadoras da industria auxiliar están nunha situación cada vez mais precaria e buscando as súas saídas laborais fora da cidade
Ler novas