O BNG presenta o Plano de Defensa dos estaleiros para garantir o futuro do naval na ría de Ferrol
A actual situación na que se atopa a construción naval na nosa comarca resulta intolerable para esta cidade e para Galiza, por se trataren dunha industria vital para a nosa economía e a nosa propia subsistencia.
Neste marco o BNG ven de presentar un documento que recolle as liñas básicas do seu Plano de Defensa dos nosos estaleiros públicos e que, en forma de moción, será debatido no Pleno do Concello de Ferrol o vindeiro 30 de xaneiro.
Pola súa interese disponibilizamos este documento para a súa leitura.
liñas básicas do Plan de Defensa dos estaleiros públicos na ría de Ferrol