O BNG considera “un auténtico descaro” as declaracións de Mato sobre a situación de Navantia
Ferrol 24 de novembro de 2020. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG de Ferrol, cualificou as declaracións feitas esta mañá polo alcalde da cidade as declaracións feitas no dia de hoxe polo alcalde da cidade respecto do sector naval como dun auténtico descaro, polo que significan de falsificación da realidade e polo que está a acontecer nos estaleiros da ría, por tres motivos fundamentais:
En primeiro lugar porque Navantia é unha empresa publica que se financia con fondos públicos, dependente do estado, e que conta cunha dirección de designación política. Facernos crer que a pelota agora está no tellado da empresa e que o goberno non ten nada que ver non é máis que un engano.
En segundo lugar porque os fondos do plan de reconstrución son, a día de hoxe, unha entelequia que en calquera caso de concretarse sería o estado quen decida o seu destino. O que si que é certo é que os únicos fondos consignados hoxe son os recollidos nos Orzamentos do Estado para 2021 e nos que nada se recolle respecto da renovación das instalacións e das infraestruturas dos estaleiros da ría de Ferrol.
E en terceiro lugar porque o confinamento dos estaleiros ao ámbito militar como defendeu hoxe o alcalde da cidade é a raiz do problema e non a solución.
Desde o BNG cremos que basta xa de enganos, levamos décadas oíndo falar de promesas incumpridas, gaseiros, floteis ou os inminentes cortes de chapa das fragatas F110 desde 2015, pero a única realidade é que estamos inseridos nun novo proceso de restructuración, cunha redución do plántel da industria principal, que implica que os traballadores e traballadoras da industria auxiliar están nunha situación cada vez mais precaria e buscando as súas saídas laborais fora da cidade
Por estes motivos seguir confinados ao sector militar é un suicidio económico. A única alternativa que existe para os estaleiros da ría pasa por desenvolvernos no ámbito civil e para iso é preciso: desenvolver produtos que ofrecer no mercado da construción naval civil (cruceiros, buques off shore), investimentos en infraestruturas e instalacións para desenvolver e fabricar ese produto e contarmos co persoal suficiente e cualificado que o poida facer, incorporandoos ao plántel da empresa principal, neste caso procedente da industria auxiliar da comarca de Ferrol.
Todas estas decisións son decisións de carácter político que deberiamos iniciar o seu camiño de maneira inmediata e urxente para darlle unha saída ao principal sector económico da comarca e do concello.