Novas
Ferrol Vello
Novas
Convocada unha concentración para que non se paralice a rehabilitación da casa de Carvalho Calero.
19/mar./2022
As organizacións convocantes pídenlle ao goberno local que se acolla a lexislación da area Rexurbe e inicie de imediato a declaración da casa de Carvalho Calero e das parcelas que forman parte deste proxecto de rehabilitación como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER).
Novas
O BNG esixe responsabilidades políticas pola anulación do Pepri de Ferrol Vello
05/mar./2022
Tanto a Xunta e o PP son responsables de tramitar este documento coas deficiencias sinaladas pola sentenza xudicial que anula o plan especial e por tanto a Xunta de Galiza e o PP teñen que asumir os seus erros e poñer os medios precisos para subsanalos.
Novas
O BNG esixe a reapertura do consultorio de Ferrol Vello
14/xan./2022
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que é preciso defender a reapertura deste consultorio pois supón aposta por un servizo sanitario de proximidade que redunda na mellora asistencial dos veciños e veciñas. E avanzou o apoio do BNG ás mobilizacións convocadas polos veciños e veciñas do barrio para o vindeiro día 31 de xaneiro.
Novas
O BNG presentará unha proposta de usos alternativa para a casa de Carvalho Calero
O BNG presentará unha proposta alternativa de usos para a rehabilitación deste inmoble que teña en conta o contexto cultural, histórico e o traballo que Carvalho Calero desenvolveu ao redor da lingua e literatura galega. O Obxectivo desta rehabilitación debe ser conservar o patrimonio, promover a cultura, a lingua e a literatura galega e reforzar a participación e identidade do barrio e da cidade.