O BNG apoia nomear a nova zona peonil da rua Espartero como praza de Bernardo Garcia Cendán.

IMG-20220510-WA0003
Ferrol Vello
O BNG apoia nomear a nova zona peonil da rua Espartero como praza de Bernardo Garcia Cendán.

Ferrol de maio de 2022O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol apoia a proposta formulada pola asociación veciñal de Ferrol Vello para que a nova zona peonil xurdida tras a reurbanización da rúa Esparteroleve o nome de Bernardo García Cendán.

O BNG apoia esta proposta como unha forma de recoñecer a labor desenvolvida por Bernardo García tanto no barrio de Ferrol Vello como no conxunto da cidade onde se integrou e participou activamente na vida socio-cultural de Ferrol colaborando con moitas entidades.

É por isto que o BNG pide ao goberno municipal que acepte a proposta da entidade veciñal do barrio e denomine co nome de Bernardo Cendán a nova praza xurdida na confluencia da rúa Espartero coa Estrada Alta do Porto, enfronte a vella fábrica de lápis.

 

O BNG apoia nomear a nova zona peonil da rua Espartero como praza de Bernardo Garcia Cendán.