O BNG urxe repoñer a parada de transporte público no porto de Curuxeiras

Os autobuses quedaron sen parada.
Os autobuses quedaron sen parada.
Iván Rivas, portavoz nacionalista, considera inexplicable que a reforma da dársena de curuxeiras, impulsada polo Partido Popular a través da Xunta, Autoridade Portuaria e Concello dentro do denominado proxecto de “Abrir Ferrol ao Mar” non tivera en conta aos usuarios do transporte público
O BNG urxe repoñer a parada de transporte público no porto de Curuxeiras

Ferrol 20 de febreiro de 2025. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, esixiu ao Goberno local de Rey Varela que repoñan a marquesina suprimida no porto de Curuxeiras tras a execución das obras de urbanización desta dársena ou instale un espazo equivalente na contorna da antiga parada. Rivas lembrou que a urbanización deste espazo inaugurouse recentemente sen que se habilitase unha solución alternativa á preexistente.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, considera inexplicable que a reforma da dársena de curuxeiras, impulsada polo Partido Popular a través da Xunta, Autoridade Portuaria e Concello dentro do denominado proxecto de “Abrir Ferrol ao Mar” non tivera en conta aos usuarios do transporte público eliminado a única marquesina existente no porto e o lugar onde estacionaban os buses para agardar a súa hora de saída. Condenando agora aos usuarios a agradar na beirarrúa nas portas da Cortina, aos buses a ter que agardar ocupando grande parte do carril de circulación e aos coches a ocupar o carril contrario cando isto ocorre.

O BNG deu traslado desta situación e das queixas dos veciños e veciñas de Ferrol Vello e usuarias do transporte público ao goberno municipal na comisión de urbanismo desta semana e a nosa sorpresa foi maiúscula cando o goberno local non só asumiu con total normalidade esta situación senón que deixou entrever que as intencións eran suprimir esta parada.

Iván Rivas sinala que o BNG non vai permitir que se suprima esta parada e acusa a Rey Varela de querer vivir nun deja vú ao lembrarlle que xa no seu anterior mandato a veciñanza da cidade tivo que mobilizarse dinate dunha proposta similar. Rivas pregúntalle a Rey Varela se ten algunha obsesión para que o trasnporte público non chegue a Ferrol Vello.

Asi mesmo o BNG esixe a Xunta, ao Concello e a Autoridade Portuaria a dar unha solución inmediata e repoñer a marquesina e o estacionamento dos buses no porto curuxeiras polo ben do servizo e das usuarias do Transporte Público. 

O BNG urxe repoñer a parada de transporte público no porto de Curuxeiras