Convocada unha concentración para que non se paralice a rehabilitación da casa de Carvalho Calero.
As organizacións convocantes pídenlle ao goberno local que se acolla a lexislación da area Rexurbe e inicie de imediato a declaración da casa de Carvalho Calero e das parcelas que forman parte deste proxecto de rehabilitación como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER).
19 mar. 2022 - 18:15
Ferrol 19 de marzo de 2022. O Bloque Nacionalista Galego, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a Sociedade Cultural Medulio, o Ateneo Ferrolán e a Fundaçom Artábria convocan un concentración, o vindeiro domingo día 27 de marzo ás 12 horas na praza Vella, para esixir ao goberno local que non paralice o proxecto de rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero.
Estas entidades mantiveron, no día de onte, un encontro para analizar o futuro da casa natal de Carvalho Calero tras a sentenza que anula o Pepri de Ferrol Vello e pídenlle ao goberno local que desenvolva os trámites que permitan continuar co proxecto de rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero sen necesidade de agardar pola aprobación dun novo plan especial.
As organizacións convocantes pídenlle ao goberno local que se acolla a lexislación da area Rexurbe e inicie de imediato a declaración da casa de Carvalho Calero e das parcelas que forman parte deste proxecto de rehabilitación como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER).Esta medida permitiria executar á marxe do planeamento actual, o proxecto de recuperación deste inmoble.
A declaración de zonas ZER debe vincularse a edificios ou conxuntos arquitectónicos para desenvolver intervencións de carácter urxente debido ao seu avanzado estado de deterioro, requisito que reune máis que de sobra a casa natal de Carvalho Calero. Lembran que para acadar esta declaración o goberno local debería aportar as parcelas, aportar o proxecto de rehabilitación , que xa debería estar redactado, unha valoración económica e que o destino fose unha actuación publica de carácter dotacional.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, esixiu ao goberno local unha solución inmediata a este problema xurdido tras a anulación do plan especial de Ferrol Vello. Propoñemos unha alternativa viábel que permitiría desenvolver este proxecto que é un dos compromisos incluidos nos orzamentos municipais, que contaría con fondos europeos e que é unha actuación pola que Ferrol leva décadas agardando.
Cómpre lembrar que estas mesmas entidades: a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a Sociedade Cultural Medulio, o Ateneo Ferrolán, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello, a Fundaçom Artábria e o BNG xa presentaran no mes de maio do ano pasado un manifesto co fin de solicitar ao goberno local que contara co tecido asociativo da cidade á hora de definir os usos da casa natal de Carvalho Calero sen perder a perspectiva de que ese proxecto de rehabilitación tiña que ter como elemento vertebrador os usos de tipo culturais.