O BNG esixe a reapertura do consultorio de Ferrol Vello
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que é preciso defender a reapertura deste consultorio pois supón aposta por un servizo sanitario de proximidade que redunda na mellora asistencial dos veciños e veciñas. E avanzou o apoio do BNG ás mobilizacións convocadas polos veciños e veciñas do barrio para o vindeiro día 31 de xaneiro.
Ferrol 14 de xaneiro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol demanda da Consellería de Sanidade a reapertura do consultorio de Ferrol Vello e acusa ao Partido Popular de Ferrol de enganar a veciñanza do barrio ao prometerlles a imediata reapertura do mesmo hai máis de catro meses e permanecer o mesmo pechado.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que é preciso defender a reapertura deste consultorio pois supón aposta por un servizo sanitario de proximidade que redunda na mellora asistencial dos veciños e veciñas. E avanzou o apoio do BNG ás mobilizacións convocadas polos veciños e veciñas do barrio para o vindeiro día 31 de xaneiro.
Iván Rivas acusou á Xunta de Galiza está centralizando servizos en detrimento deste modelo asistencial e agora o consultorio de Ferrol Vello parece ter o mesmo futuro que o consultorio que existía na Graña e que atendía aos veciños dunha parte da zona rural de Ferrol.
Iván Rivas indicou que a política que desenvolve o Partido Popular na sanidade pública vai en detrimento de prestar un mellor servizo as maiorías sociais e se insire na liña de recortes nos servizos públicos que práctica a Xunta de Galiza. A Xunta de Galiza non está a reforzar os servizos de Atención Primaria, algo que é a todas luces inaceptable.
A situación actual, co consultorio pechado, ten atopado o rexeitamento da veciñanza do barrio que reclama que se poña en funcionamento de novo. Hai que ter en conta que unha boa parte das usuarias e usuarios vive no barrio e é xente de avanzada idade e ter que desprazarse até o Fontenla Maristany é un trastorno para eles.
Iván Rivas afirmou que o obxectivo para reforzar a sanidade pública debe ser o de mellorar a atención primaria, reabrindo os consultorios pechados, mellorando os cadros de persoal, dotándoos dos recursos humanos que permitan poñer a funcionar areas hoxe clausuradas como a que nos ocupa e por recuperar definitivamente as consultas presenciais na atención primaria.