O BNG esixe responsabilidades políticas pola anulación do Pepri de Ferrol Vello

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
casa natal de Carvalho Calero en Ferrol Vello
Tanto a Xunta e o PP son responsables de tramitar este documento coas deficiencias sinaladas pola sentenza xudicial que anula o plan especial e por tanto a Xunta de Galiza e o PP teñen que asumir os seus erros e poñer os medios precisos para subsanalos.
O BNG esixe responsabilidades políticas pola anulación do Pepri de Ferrol Vello

Ferrol 5 de marzo de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol non é sospeitoso de ter nada que ver, ou avalar, un documento deficiente como era o Pepri de Ferrol Vello agora anulado. No momento do seu debate e proposción por parte do PP cuestionamos varios dos seus aspectos. Mais a súa tramitación con erros e causa da súa anulación ten que ter consecuencias políticas e debe conlevar solucións aos problemas que xenera.

 

Iván Rivas sinalou que alguén terá que asumir algunha responsabilidade por causa da anulación deste plan e as súas consecuencias. Tanto no que ten ver co acceso a fondos subvencionados como respecto das iniciativas privadas iniciadas, en previsión ou en curso nunha situación de incerteza.

 

Respecto deste aspecto é evidente que tanto a Xunta e o PP son responsables de tramitar este documento coas deficiencias sinaladas pola sentenza xudicial que anula o plan especial e por tanto a Xunta de Galiza e o PP teñen que asumir os seus erros e poñer os medios precisos para subsanalos.

 

Así o portavoz municipal do BNG, Iván Rivas, indicou que a Xunta de Galiza debe habilitar os recursos e medios necesarios de maneira inmediata para axilizar o acceso a axudas agora comprometidas como as do Plan Rexurbe e compensar a cidade polas consecuencias da súa anulación con novos fondos e recursos ademais de tramitar pola vía de urxencia a aprobación do Plan e os proxecto de equipamentos previstos para este ámbito da cidade como a casa de Carvalho Calero.

 

Por outra parte o goberno local ademais de tramitar o novo Plan Especial con celeridade ten que iniciar de inmediato outro camiño para efectiviar os proxectos comprometidos. En concreto, a rehabilitación da casa de Carvalho Calero, mediante a sua remisión directamente a Dirección Xeral de Patrimonio para viabilizar o proxecto así como a modificación puntual de usos deses inmobles no PXOM mediante a súa aprobación plenaria.

 

Polo tanto, non chega con asumir a anulación e iniciar de novo o proceso de tramitación senón que a Xunta ten que paliar a perda de fondos derivada da anulación e tramitar pola vía de urxencia os proxectos en vías de deenvolvemento e execución actuais tanto público como privados. Por outra parte o goberno local debe tomar a iniciativa e buscar vías alternativas para efectivizar os proxectos públicos comprometidos como a casa de Carvalho Calero.

O BNG esixe responsabilidades políticas pola anulación do Pepri de Ferrol Vello