Novas
O BNG quere que Navantia compense economicamente ao concello pola cesión de parcelas para proxectos de absorción de CO2
10/xuño/2021
O BNG lembra que Navantia quedarase cos dereitos de emisións de CO2 destas plantacións e que estes dereitos teñen un importante valor económico. A isto súmase o feito de que Navantia non aboa os tributos que lle corresponden na cidade. Cos importes que nos adebeda e que superan os 600.000 euros ao ano, aos que habería que sumar o valor económico das emisión de CO2, poderiamos repoboar eses terreos públicos e aínda sobraría para facer máis investimentos que beneficien ao conxunto de veciños e veciñas de Ferrol.