O BNG PREGUNTA AO GOBERNO QUE CAUSAS IMPIDEN O CUMPRIMENTO DO CONVENIO ENTRE DEFENSA E O CONCELLO
Ferrol 29 de maio de 2013. .A deputada do Bloque Nacionalista Galego por medio da deputada, Rosana Pérez, presentou unha pregunta parlamentar no Congreso para demandar ao Ministerio de Defensa, que é o que impide o cumprimento do convenio asinado entre o Concello de Ferrol e este Ministerio, e as causas que impiden o cumprimento no relativo à elaboración do PERI do Sánchez Aguilera.
En concreto, a deputada do BNG pide coñecer se se trata dun problema do concello ou ten algo que ver con esixencias ou indicacións do Ministerio de Defensa e cando vai entrar, de verdade, o convenio en vigor.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, lembrou que entre os edificios abandonados neste cuartel se atopan os que terían que acoller a residencia Universitaria, obrigando este retraso, a habilitar unha ubicación provisional e evidenciando a incapacidade do Goberno Local de Ferrol para resolver dun xeito satisfactorio para o concello este convenio.
Asi mesmo cómpre lembrar que Defensa está a ocupar máis do 20% dos solo urbano da cidade o que provoca nas arcas municipais unha falla de ingresos, xa que o Ministerio continua sen pagar ningún tipo de imposto nen aportar ningún tipo de compensación pola ocupación destes terreos.
É por isto que o BNG na súa iniciativa se interesa por coñecer se Defensa non cre que habería que compensar esta falla de ingresos nas arcas municipais ven a través dos orzamentos do estado ou ven a través da entrega gratuita de inmobles que a administración abandone por falta de uso. Así mesmo, preguntan se Defensa paga polo auga, alcantarillado e recollida de basura e se paga as correspondentes licencias municipais por actuacións e actividades para as que se esixen estes permisos nos inmobles afectados.
Explica Rosana Pérez que a Inspección Provincial de Traballo, por motivos de seguridade, obriga ao concello a realizar arreglos ante o mal estado do antigo acuartelamento. Estamos ante a paradoxa e sarcastica situación de que o Concello debe cargar cos gastos de reparación dunhas proiedades que, por acordo con Defensa, poden ser usadas pero que non son todavía da súa proiedade pois o Convenio non entrou en vigor. Mentres continua o deterioro e a ruina dos inmobles que conforman o acuartelamento.
Por estas razóns, a parlamentar do BNG formula ao Ministerio unha serie de demandas e preguntas: cando se van ceder,de verdade, estas propiedades desafectadas e se é consciente Defensa de que, de seguir asi as cousas, o acuartelamento acabará nun estdo ruinoso irreversíbel, nada menos que de dez hectáreas de terreo onde se acumulan todo tipo de restos, maleza e enseres vinculados ao cuartel.