O BNG quere que Navantia compense economicamente ao concello pola cesión de parcelas para proxectos de absorción de CO2
O BNG lembra que Navantia quedarase cos dereitos de emisións de CO2 destas plantacións e que estes dereitos teñen un importante valor económico. A isto súmase o feito de que Navantia non aboa os tributos que lle corresponden na cidade. Cos importes que nos adebeda e que superan os 600.000 euros ao ano, aos que habería que sumar o valor económico das emisión de CO2, poderiamos repoboar eses terreos públicos e aínda sobraría para facer máis investimentos que beneficien ao conxunto de veciños e veciñas de Ferrol.
10 xuño 2021 - 19:43
Ferrol 5 de xuño de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, cualificou ao Alcalde desta cidade de cínico e contraditorio polo convenio que pretende asinar coa empresa Navantia mediante o que lle cederá terreos municipais para un proxecto de absorción de CO2. por tres motivos fundamentais.
Primeiro porque ao mesmo tempo que agasalla a Navantia con terreos municipais, negalle a propiedade aos comuneiros dos montes do Chá de terreos que levan anos reclamando nas parroquias de Brión e Doniños.
A asociación de comuneiros dos montes do Chá leva décadas solicitando ao concello a propiedade duns terreos lexitimamente seus e espoliados durante o franquismo co obxecto ademais de desenvolver un proxecto de recuperación deses montes con especies autóctonas. O actual goberno continúa a negar esta reversión ao mesmo tempo que agasalla a Navantia con terreos municipais.
Segundo porque este mesmo Alcalde nega o desenvolvemento de proxectos forestais de recuperación do bosque Atlántico avalando a instalación dun macro parque eólico en terreos municipais como o que se pretende desenvolver nos referidos montes do Chá.
O BNG lembra que o PSOE e o PP posicionáronse en contra de denegar a autorización para instalación deste macro parque eólico nos montes do Chá no pleno municipal do mes de abril. Un proxecto que unicamente reportará beneficios as grandes empresa enerxéticas e que suporá non só a destrución da necrópole megalítica alí existente a día de hoxe senón tamén a imposibilidade de desenvolver un plan forestal con especies autóctonas neses terreos.
E terceiro porque o Alcalde da cidade agasalla a Navantia con terreos municipais para que cumpra coas súas obrigas medioambientais sen ningunha compensación económica mentres a empresa non abona os tributos que lle correspondería na cidade e rendibilizará economicamente os dereitos de emisións de CO2.
O Bng lembra que Navantia quedarase cos dereitos de emisións de CO2 destas plantacións e que estes dereitos teñen un importante valor económico. A isto súmase o feito de que Navantia non aboa os tributos que lle corresponden na cidade. Cos importes que nos adebeda e que superan os 600.000 euros ao ano, aos que habería que sumar o valor económico das emisión de CO2, poderiamos repoboar eses terreos públicos e aínda sobraría para facer máis investimentos que beneficien ao conxunto de veciños e veciñas de Ferrol.
Ademais o Estado ten propiedades suficientes na cidade para poder desenvolver estes proxectos polo que resulta incomprensible que teñamos que ser os ferroláns quen poña a disposición de Navantia estes terreos para que cumpra coas súas obrigas medioambientais e sobre todo sen ningún tipo de compensación económica.
Para Iván Rivas o desenvolvemento de proxectos de recuperación do monte galego sobre a base de especies autóctonas forma parte dos principais obxectivos políticos do BNG para o futuro da cidade e por este motivo exixe ao goberno local que inclúa no convenio con Navantia unha compensación económica pola cesión destes terreos municipais, que non autorice o proxecto de macro parque eólico nos montes do Chá e que devolva a propiedade destes montes aos veciños e veciñas de Brión e Doniños.