O BNG e adxudicatarias das vivendas do Bertón esixen à Xunta e Concello a entrega dos pisos
Ferrol 12 de decembro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol xunto as persoas adxudicatarias das vivendas que a Xunta de Galiza ten no Bertón concentraronse a tarde destes venres, 12 de decembro, diante das mesmas para demandar que se entreguen dunha vez e poidan ser utilizadas por estas familias.
O BNG, lembra que estamos a falar de medio centenar de vivendas que seguen sen poder ser utilizadas pola deixadez da Xunta de Galiza e do Goberno Local de Ferrol.
Para o BNG os responsabeis desta situación son as administración implicadas na urbanización do polígono do Bertón. É incomprensíbel que a urbanización do polígono, que debía estar rematada no ano 2011 se atope nesta situación. Non pode ser que a solución as deficiencias detectadas polo Concello no ano 2011 segan a día de hoxe sen solucionar e sen que o goberno local considerara este tema como un problema durante todo o seu mandato.
O BNG considera que a Xunta e o Concello son responsabeis directos dos retrasos que acumulan os traballos de urbanización do Bertón, e lembra que o prazo de execución fixado no convenio asinado para a urbanización dos accesos ao polígono do Bertón irán até o 2015, pese a que por parte do Concello se dixera que este mesmo ano ian estar rematados os traballos.
O BNG, considera grave esta forma de proceder e censurou que o goberno local e a Xunta de Galiza sigan sen querer aclarar os motivos que provocaron que este convenio sufra unha ampliación nos prazos de execución.