O BNG apoiou hoxe ao sector hostaleiro e censura a pasividade da Xunta e do Concello para estabelecer axudas ao sector.

2021_01_13_19_14_44
concentración de HAF na praza de Armas
Para o BNG a actitude da Xunta de Galiza non é produto da improvisación senón da premeditación, xa que volve a decretar medidas cada vez máis restritivas para os sectores máis afectados por esta crise sanitaria-económica como o hostaleiro e o comercio sen levar aparelladas medidas paliativas e concretas que as acompañen.
O BNG apoiou hoxe ao sector hostaleiro e censura a pasividade da Xunta e do Concello para estabelecer axudas ao sector.

Ferrol 13 de xaneiro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acompañará esta tarde ao colectivo de Hostaleiros e Autonomos de Ferrolterra na concentración que celebran a partir das 19 horas na praza de Armas. Así mesmo censuran a pasividade da Xunta de Galiza e do Concello de Ferrol à hora de adoptar medidas que axuden a estes sectores diante das continuas restriccións aos que o somete.

Diante das medidas anunciadas, no día de hoxe, polo presidente da Xunta de Galiza, Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, advertiu que pese as afirmacións feitas polo Conselleiro de sanidade e do Sr. Feijoó, estamos nesta situación produto da neglixencia na xestión por parte da Xunta de Galiza e non por culpa das persoas nin do sector hosteleiro.

Indicou ademais que a actitude da Xunta de Galiza non é produto da improvisación senón da premeditación, xa que volve a decretar medidas cada vez máis restritivas para os sectores mási afectados por esta crise sanitaria-económica como o hostaleiro e o comercio sen levar aparelladas medidas paliativas e concretas que as acompañen.

De novo o único que existen son anuncios e promesas sen concreción e dotación económica específica.

Iván Rivas, ademais, salientou que o goberno local de Ferrol segue deixándose levar por esta situación como si non tivese nada que ver e ningunha responsabilidade.

A actual situación é unha situación que todas e todos podiamos prever que se ía volver a repetir, que desde o BNG advertimos reiteradamente e que durante os meses pasados insistimos na necesidade de adoptar medidas que puidesen paliar as consecuencias destas posibles novas restricións que hoxe se confirman.

O realidade é que o sector hosteleiro volve a estar sometido a un peche total dos seus establecementos, a excepción dos que posúan terrazas e que poderán desenvolver a súa actividade nun 50%, e resulta totalmente inaceptable que durante este tempo non se tivese adoptado ningunha decisión por parte do goberno local tendo en conta esta posibilidade.

Desde o BNG se lle insistiu reiteradamente ao goberno local na necesidade urxente de modificar as ordenanzas fiscais de lixo e auga en función da porcentaxe de actividade permitida e en recoller nesa modificación a suspensión inmediata destes tributos nos casos de falla total de actividade. É lamentable que o goberno municipal pese a existir os acordos plenarios adoptados a proposta do BNG para acometer estas modificacións fiscais o goberno local non queira levalas adiante demostrando que por riba dos intereses dos veciños e veciñas da cidade están os intereses económicos das empresas que xestiona estes servizos e que seguirán cobrando haxa restriccións na actividade dos locais ou non.

Para o BNG a desidia deste goberno local, diante desta situación,é tal que no día de mañá teremos que repetir o pleno, que xa se celebrara no mes de decembro, para aprobar as bases de axudas do PAME III por erros na tramitación administrativa por parte do propio goberno local.

Desde o BNG insistimos en reclamarlle a xunta de Galiza, de maneira inmediata, a adopción de medidas paliativas para contrarrestar as restricións impostas por decreto e ao goberno local a adopción de medidas paliativas a comezar por unha modificación das ordenanzas fiscais e cunha previsión de futuro que permita que sectores como o hostaleiro ou como o comercio non estean abocados ao peche como parece que é a onde se lles quere levar por parte da Xunta e coa complicidade do goberno local.


 

O BNG apoiou hoxe ao sector hostaleiro e censura a pasividade da Xunta e do Concello para estabelecer axudas ao sector.