O PP vota en contra de impulsar a candidatura de Ferrol a patrimonio da humanidade

O PP vota en contra de impulsar a candidatura de Ferrol a patrimonio da humanidade

 

Ferrol 7 de maio de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusou esta mañá ao Partido Popular de non estar interesado en querer desenvolver a candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade como demostra o seu voto en contra, esta mañá no Parlamento de Galiza, a Proposición Non de Lei, presentada polo BNG, que pedía que oO Parlamento insta a Xunta de Galiza a que en colaboración co Concello de Ferrol presente, no prazo de tres meses, a documentación da candidatura de Ferrol, Cidade Ilustrada ante o Consello de Patrimonio Histórico, para que sexa remitida á Unesco e poda ser declarada Patrimonio da Humanidade

O BNG censura a negativa do grupo parlamentar do Partido Popular e do Deputado, Miguel Tellado, a apoiar esta iniciativa que buscaba impulsar e reactivar o proceso de da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, paralizada desde hai anos. Así mesmo critican que pesie à vontade de dialogo que amosou o grupo parlamentar nacionalista, diante dunha emenda presentada polos populares à PNL do BNG, non se puido chegar a un acordo pola negativa do PP a fixar na resolución un prazo temporal determinado para elevar a proposta ante o Consello de Patrimonio Histórico.

Así mesmo, o BNG, indica que descoñece as razóns que impiden que o Concello de Ferrol poña en marcha o ente xestor da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, un proceso que leva paralizado desde o ano 2007, e que se fai imprescindíbel pata poder presentar a candidatura diante da Unesco, tale como recoñeceu o Ministerio de Cultura ao BNG.

O BNG lembra que o Goberno central recoñece que a candidatura de “Ferrol como ciudad ilustrada” continua na lista indicativa española para Patrimonio Mundial. Asi memo explica que para que unha proposta chegue ao Comité de Patrimonio Mundial da Unesco à administración Galega debe presentala diante do Consello de Patrimonio Histórico do Estado español, trámite que a Xunta de Galiza non fixo asi como tampouco informou no seo do Consello estatal do estado desta candidatura.

A PNL debatida esta mañá no Parlamento Galego incidia nesta resposta do Goberno Central, da que se deducia un desleixo da Xunta que non é de recibo. A falta de compromiso e impulso da Xunta de Galiza a esta candidatura imposibilita que o relevante patrimonio da cidade de Ferrol poda ser declarado Patrimonio da Humanidade.

Unha declaración que non só é merecida e agardada na cidade, senón que debe implicar un paso adiante no recoñecemento do valor patrimonial de Ferrol, e unha mellor protección, conservación e divulgación do mesmo. Ao BNG preocúpalle profundamente esta situación. Moito deste patrimonio é de propiedade maioritariamente estatal, afectado ou condicionado por Defensa, sen garantir un bo estado de conservación destes bens.

O PP vota en contra de impulsar a candidatura de Ferrol a patrimonio da humanidade