Presentada unha iniciativa no congreso para demandar a Ana Pastor que se opte pola alternativa norte
Madrid, 6 Mayo 2013. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou unha iniciativa na Cámara para demandarlle á Ministra de Fomento que opte pola alternativa norte no acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol.
Rosana Pérez lembra que o pasado 20 de abril Ana Pastor realizou unha visita a Ferrol para presentar a tempada de trens turísticos. Alí, na estación de tren, escoitou as protestas de persoas en contra do trazado sur do proxecto. Accedeu a Ministra a falar cos persoas concentradas e lles asegurou que en relación ao acceso por ferrocarril ao Porto Exterior se trata dun proceso aberto.
Optar pola alternativa menos dañina
É dicer, deu a entender que non hai unha decisión en firme en relación ás opcións de trazado. A alternativa sur de acceso ferroviario ao Porto Exterior causaría un enorme impacto medioambiental porque a construcción dun viaducto sobre a ría suporá a desaparición da ensenada de A Malata e do banco marisqueiro, o que afectará a moitas familias que viven desta actividade pesqueira.
Razón pola que a deputada do BNG dirixe unha batería de preguntas á Ministra: As palabras da Ministra, significan que aínda non se adoptou unha decisión definitiva sobre o trazado? Que dicer que o Ministerio está disposto a estudar a alternativa norte, que ten menor impacto? Cal é o dispór da Ministra a escoitar as demandas da Plataforma que es opón ao trazado sur?.
Ademáis, Rosana Pérez lembra que desde Medio Ambiente se solicitaron á Dirección Xeral de Ferrocarrís novos estudos e informes sobre aspeitos fundamentais do estudo informativo. Uns estudos complementares que na práctica supuxeron un novo estudo informativo. Pón de manifesto que as informacións complementares non se facilitaron aos colectivos que presentaron alegacións a pesar do seu carácter fundamental. Precisamente, as asociacións de veciños, organizacións sociais e culturais presentaron un escrito na Subdirección Xeral de Planificación de Fomento solicitando ter acceso a esa documentación.
Por iso pregunta a Fomento por que non se facilitaron as informacións complementares á D.I.A, e se vai ter en conta as alegacións presentadas por varias organizacións sociais.
A parlamentar nacionalista chama a atención sobre a alternativa sur que tal e como está plantexada na Declaración de Impacto Ambiental vai causar un grave impacto medioambiental e vai provocar unha alteración sobre o fluxo e o réxime hidrodinámico da auga en A Malata, algo que se recoñece na mesma D.I.A.
A deputada do BNG defende a opción norte porque é máis axeitada para a comunicación co Porto Exterior cos polígonos industriais e tería menor impacto.