o BNG xunto a veciñanza e entidades recollen sinaturas para a mellora do parque Pablo Iglesias e a súa contorna

parque pablo iglesias
parque pablo iglesias
o BNG xunto a veciñanza e entidades recollen sinaturas para a mellora do parque Pablo Iglesias e a súa contorna

Ferrol 21 de novembro de 2025. Os veciños e veciñas das inmediacións do parque Pablo Iglesias, a ANPA e membros da comunidade escolar do IES Sofia Casanova, usuarios e usuarias desta zona de lecer e o BNG inician unha campaña de recollida de sinaturas para que o goberno municipal proceda a solucionar as múltiples deficiencias existentes no parque Pablo Iglesias e as súa contorna.

Con esta medida pretenden chamar a atención sobre o lamentable estado en que se atopa o esta zona da cidade na que cando chove os camiños do parque fanse intransitables produto da acumulación de auga en moitos dos seus tramos afectando,ademais, a unha das entradas ao instituto o que imposibilita que os e as estudantes poidan acceder ao centro con normalidade por atoparse a entrada inundada e enlamada.

As arquetas de pluviais do parque non existen e o acceso de vehículos ao tanque de tempestades a través dunha vía destinada ao tránsito peonil provoca graves desperfectos permanentes nese ámbito.

Tamén queremos chamar a atención sobre a invisible sinalización dos pasos de peóns de saída do parque e mais concretamente na rúa Querol Lombardero que está a comprometer a seguridade dos viandantes e do estudantado que acude ao instituto.

Ao longo das vindeiras semanas recolleran as sinaturas para logo ser entregadas no rexistro municipal.

 

o BNG xunto a veciñanza e entidades recollen sinaturas para a mellora do parque Pablo Iglesias e a súa contorna