O BNG esixe ao goberno local que reconsidere a ubicación da nova residencia de maiores
Ferrol 14 de maio de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, advertiu que o proxecto de orzamentos municipais presentado polo alcalde da cidade, o socialista Angel Mato, non recolle ningún investimento para acometer a residencia publica de maiores no Boial tal e como acordaran o Partido Socialista e o Partido Popular. É por iso que o BNG esíxelle ao goberno municipal e ao PP que deixen de enganar aos veciños e veciñas e reconsideren a súa intención de ubicala no Bertón e poña a disposición da Xunta os terreos para que a residencia acordada coa administración autonómica se ubique na parcela do Boial, na parroquia de Santa Icía.
Iván Rivas, portavoz nacionalista en Ferrol, afirmou que resulta evidente que estes orzamentos muncipais para 2021, de aprobarse, van ser uns orzamentos para todo o actual mandato. Así pois à vista dos mesmos é obvio que o goberno municipal non contempla financiar ningunha residencia de maiores na cidade no Boial. Polo que pedirá ao goberno local que rectifique e constrúa esta infraestrutura en Santa Icía.
Iván Rivas lembrou que os orzamentos son o espello onde se ven reflectidos os proxectos que vai desenvolver por un goberno municipal e o goberno socialista de Ferrol non ten ningunha idea para a parcela do Boial que estaba destinada a acoller a nova residencia de maiores de Ferrol.
O BNG, lembra que desde o ano 2016 se leva dicindo que en Ferrol, na parroquia de Santa Icía, se ía desenvolver unha residencia de maiores. Concretamente o anuncio era que se ían construir 7 residencias nas sete cidades galegas e da prevista na nosa cidade seguimos sen ter noticias. Que Ferrol careza desta nova infraestrutura en Santa Icia é exclusivamente pola neglixencia tanto do Goberno local como da Xunta de Galiza.