ROBERTO MONTERO: "HAI QUE FACELO MÁIS VERDE, ARRANXAR OS DEFECTOS DE CONSTRUCIÓN E REMATAR DUNHA VEZ A OBRA."

O BNG propón melloras no bulevar das Pías

Roberto Montero e Andrea Martíns, viceresponsabel do BNG
Roberto Montero e Andrea Martíns, viceresponsabel do BNG
O BNG propón melloras no bulevar das Pías

Ferrol 4 de maio de 2026. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol propuxo ao goberno local, no transcurso da comisión de urbanismo, a mellora do bulevar das Pías. A proposta nacionalista recolle tres ideas co fin de facelo máis verde, arranxar os defectos de construción e rematar dunha vez a obra.

Plantar máis árbores no primeiro tramo do Bulevar das Pías

O BNG de Ferrol solicita a plantación de máis vexetación e novas árbores na zona comprendida entre a praza de Rafael Bárez e a glorieta da rúa Nova, no tramo que transcorre paralelo o parque Pablo Iglesias como no tramo entre a rúa Nova e a glorieta da trincheira polo lado da rúa Santa Comba.

O concelleiro do BNG Roberto Montero explica que as árbores melloran a calidade do aire, regulan a temperatura, aumentan a biodiversidade urbana e axudan a aumentar a saúde física e mental “ entendemos que deixar está zona sen arboredo sería privar a veciñanza de poder desfrutar desta zona os días de máis calor. Quen vai sentar nun banco no verán a pleno sol?, máis compre recordar que estamos diante dun goberno do PP que aposta polo cemento o coche privado e a motoserra como ven de facer na praza de Rosalía ou na Avenida de Irmandiños”.

Arranxar os sumidoiros das prazas de mobilidade reducida

O BNG critica que o concello aceptase a recepción da obra das Pías, executada polo Ministerio de Transporte e Mobilidade sen esixir o arranxo dos defectos atopados, denuncian a acumulación de auga nas zonas de prazas de aparcadoiro de mobilidade reducida que dificultan poder entrar nos vehículos sen mollar os pes. Montero comenta “os días de moita choiva as prazas de mobilidade reducida acumulan contra a beirarrúa unha altura de auga de máis de 7 cm, os tubos que pasan por debaixo das ramplas de acceso a estas prazas non teñen capacidade para recoller toda a auga e os sumidoiros en vez de colocarse no fondo da calzada colocáronos na parte alta da rampla, polo que urxe reparar estas deficiencias. Tamén urxe buscar unha solución para as papeleiras das que escapa o lixo o ser unha zona onde da moito o vento colocándolles tapa ou equipando con outros modelos”.

Remodelación do tramo entre a estrada de Castela e o arco da Porta Nova

Os nacionalistas critican que o goberno local de Rey Varela non tivera a previsión de executar a remodelación deste tramo das Pías a mesma vez que o resto do Bulevar, nin tampouco o fixera como moi tarde o remate do resto da obra. Montero acusa o PP de vivir da propaganda e de anunciar permanentemente os mesmos proxectos dando as costas os problemas básicos que importan a veciñanza “non parece de recibo que o ministerio acabe a obra das Pías, por certo con moito retraso, e que ao goberno municipal non lle dera tempo a facer nada, 9 meses despois da inauguración e apertura o trafico do Bulevar seguimos igual coa obra sen contratar e sen ningunha previsión de execución, o que nos leva a ter anos e anos esta obra empantanada e sen rematar”

O BNG propón melloras no bulevar das Pías