O BNG acusa a Rey Varela de ser insensíbel ao sufrimento do pobo palestino

concentración solidara con Palestina en Ferrol
concentración solidara con Palestina en Ferrol
O goberno municipal de Ferrol negouse a secundar a iniciativa da FEGAMP de convocar un minuto se silencio en solidariedade co pobo palestino en Gaza.

 

O BNG acusa a Rey Varela de ser insensíbel ao sufrimento do pobo palestino

Ferrol 19 de setembro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusa ao alcalde da cidade, Jose Manuel Rey Varela, de ser insensíbel ao sufrimento da poboación palestina e negarse a convocar o minuto de silencio promovido pola FEGAMP para hoxe nos concellos galegos en solidariedade co pobo palestino en Gaza.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera que Rey Varela, tristemente, volve a negar o xenocidio que esta a cometer o estado de Israel en Gaza e hoxe da un paso máis alá ao negarlle a poboación de Gaza a solidariedade do pobo de Ferrol non querendo secundar esta acción promovida desde o municipalismo galego.

 

Iván Rivas aféalle ao PP de Ferrol a súa postura e pídelle que dunha vez por todas expresen a rotunda condena ao xenocidio perpetrado polo Estado de Israel contra o pobo palestino, de maneira cruenta na Franxa de Gaza mais tamén en Cisxordania.

 

O BNG lembra que a Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) aprobou promover a celebración de minutos de silencio ou outras iniciativas públicas este venres 19 de setembro nos concellos e deputacións galegas condenando a ofensiva militar e o mantemento do bloqueo humanitario executado polo goberno de Israel contra o pobo palestino de Gaza. Unha iniciativa solidaria para a que o Partido Popular de Ferrol non tivo tempo nin ganas amosando o seu lado máis inhumano.

O BNG acusa a Rey Varela de ser insensíbel ao sufrimento do pobo palestino