O BNG aposta por reforzar as medidas municipais para garantir os coidados as persoas maiores e dependentes
Ferrol 15 de maio de 2023. Iván Rivas, candidato do BNG, á alcaldía de Ferrol mantivo esta mañá un encontro con traballadoras do servizo de axuda no fogar, con traballadoras, das residencias que existen na cidade e con persoas con dependentes ao seu coidado no que defendeu un modelo de atención á dependencia público, no que a calidade dos coidados e a atención que se presta tanto as usuarias como as súas familias sexan o o centro deste servizo de benestar e dependencia.
Iván Rivas, candidato do BNG, considera que nesta cidade debemos enfrontar decididamente a problemática que están a vivir as nosas veciñas e veciños en idade avanzada, nunha cidade onde o 27,7% da súa veciñanza ten máis de 65 anos.o que nos convirte nun dos concellos máis envellecidos do estado polo que se fai imprescindíbel ter un coñecemento real da situación da nosa cidade mediante a elaboración dun censo sobre a realidade exacta de Ferrol no que poidamos saber cantas persoas viven soas nunha cidade como Ferrol.
Así mesmo desde o BNG pretendemos crear un servizo de atención as familias onde asesorar e informar en relación aos tramites necesarios para acceder aos distintos servizos de atención persoal e coidados,
Iván Rivas indicou que desde a administración local en colaboración coa Xunta de Galiza debemos empezar a tomar decisións para atender as necesidades que teñen todas estas persoas. Un dos obxectivos fundamentais consiste en adoptar un reforzo do persoal municipal que sexa capaz de atender estas demandas e estas necesidades con celeridade, reducindo os tempos de resolución tanto para a xestión das axudas como para os ingresos en residencias, ou para acceder aos servizos como a tele asistencia ou ao servizo de axuda no fogar, Así como mellorar a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida que moitas veces quedan atrapadas nas súas casas
O BNG considera que faise preciso dotar de mais prazas en residencias públicas ao concello e lembra que aínda estamos pendentes de que se inicie a construción da nova residencia de maiores que leva mais de catro anos pendente. Polo que desde o BNG demandarán á xunta de Galiza a execución dunha residencia de maiores no barrio de Santa Icia tal e como se tiña previsto até que se decidiu trasladala ao Bertón.
Xa por último lembrou que faise preciso unha xestión pública e directa do servizo de axuda no fogar e lembrou que a día de hoxe as traballadoras deste servizo o están a facer nunhas condicións cada vez máis precarias produto da xestión externa e privatización do mesmo e asegurou que estes servizos non poden moverse ou xestionarse sobre a base de rendibilidades económicas.