O BNG acusa o goberno municipal de Ferrol de obstaculizar a labor dos grupos municipais

Roberto Montero
Roberto Montero
O BNG acusa o goberno municipal de Ferrol de obstaculizar a labor dos grupos municipais

Ferrol 14 de xullo de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol de denuncia as continuas artimañas do executivo de Rey Varela para baleirar de contido as comisións informativas e de dificultar o acceso os expedientes municipais aos concelleiros e concelleiras que non formamos parte do goberno.

O concelleiro nacionalista Roberto Montero asegura que o goberno municipal cada vez leva menos información as comisións e aos plenos para evitar o debate político sobre a actividade municipal. O exemplo máis plausible é o da comisión de urbanismo, obras e servizos, na que apenas vai información de ningunha das abundantes áreas que a conforman, denuncia, Montero Castrillón. que dende a área de urbanismo, nos últimos tres meses, só se levasen tres puntos na orde do día para dar conta, o que da unha media de un punto cada catro comisións sendo a área de urbanismo unha das que máis contidos tramita no concello e sendo a concelleira de urbanismo unha alumna avantaxada en aplicar as ordes de Rey Varela de ocultar e dificultar o aceso a información municipal aos grupos municipais.

Dende o BNG queremos evidenciar, tamén, os atrancos que pon o goberno municipal as solicitudes de acceso aos expedientes municipais. Montero asegura que cando o BNG solicita copia dun expediente esta solicitude é denegada sistematicamente, é incomprensíbel que un expediente público que en moitas ocasións contén varios documentos e páxinas só se nos permita visualizalo o cal dificulta tremendamente poder estudar a documentación con rigurosidade. Cómpre lembrar que estes expedientes están dixitalizados polo que a actitude do goberno só se comprende se o afán é dificultar o traballo dos grupos municipais é evitar o acceso a esta documentación. Ademais o goberno local non xustifica en ningún caso, como é obrigatorio, a denegación desta copia.

Montero indica ademais: “Queremos denunciar que as copias que se denegan o BNG son entregadas, sen problema, a diferentes colectivos da cidade polo que queda demostrado que a única pretensión do goberno municipal e ocultar a información e o debate político.

O BNG acusa o goberno municipal de Ferrol de obstaculizar a labor dos grupos municipais