O BNG urxe ao goberno local a sacar as subvencións para as festas dos barrios
Ferrol 19 de xullo de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lamenta que o goberno local non teña contemplado, a día de hoxe, promover a convocatoria dunha liña de subvencións de concorrencia participativa para o desenvolvemento de actividades ou eventos enmarcados nas festas patronais dos barrios e parroquias do concello.
María López, concelleira do BNG, lembrou que esta subvención, destinada a axudar aos barrios que non dispoñen de unha subvención nominativa o que os sitúa nunha clara desventaxa con outros barrios ou parroquias, fora publicada por primeira vez o ano pasado Lembrou tamén que esa convocatoria de saira moi tarde, xa case acabando o mes de agosto, polo que moitas das entidades as que ían destinadas as axudas non se presetaron por non ter contemplado esa aportación con anterioridade.
Este ano pasando xa a metade de xullo, nada sabemos destas subvencións, se que van a repetir a súa convocatoria ou non. Para María López de ser así estás volven a chegar tarde para moitas das entidades veciñais que xa terán organizado as actividades sen saber se poden ou non contar con esa aportación económica.
Para o BNG se finalmente se volve ao plantexamento de anos anteriores onde só algunhas entidades veciñais contan con estas axudas, a discreción do goberno local, parécenos voltar a un sistema de favoritismo e promover desigualdades entre as entidades veciñais por parte do concello.
Por este motivo desde o BNG solicita ao goberno do Partido Popular que convoque urxentemente estas axudas para a celebración de festas populares e lembrou que moitas destas celebración entroncan co noso patrimonio como cidade e como país.