O BNG pide ao alcalde que devolva a depuradora a Augas de Galiza

Ivan Rivas
Ivan Rivas
Iván Rivas , portavoz do BNG, demandou unha vez máis ao Alcalde desta cidade que devolva a depuradora ao seu titular, que non é outro que a Xunta de Galiza e así deixemos de pagar a depuración de Narón tal e como vimos facendo desde que se puxo en funcionamento.
O BNG pide ao alcalde que devolva a depuradora a Augas de Galiza

Ferrol 28 de febreiro de 2023. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol á vista da resolución do TSXG en relación a demanda das facturas da empresa ACUAES considera que é hora de darlle unha solución definitiva a problemática do saneamento da cidade que está supoñer que os veciños e veciñas de Ferrol paguen a depuración do concello de Narón e os sobrecustes dunhas obras das que non son responsábeis.

 

Iván Rivas , portavoz do BNG, demandou unha vez máis ao Alcalde desta cidade que devolva a depuradora ao seu titular, que non é outro que a Xunta de Galiza e así deixemos de pagar a depuración de Narón tal e como vimos facendo desde que se puxo en funcionamento.

 

Así mesmo e á vista da resolución do TSXG esixiu ao Alcalde da cidade que demande a devolución dos importes abonados a ACUAES asi como a devolución dos subrecustos xerados polos atrasos nas obras actuando asi en defensa dos intereses dos e das ferroláns.
 

O BNG pide ao alcalde que devolva a depuradora a Augas de Galiza