Veciños de San Xoán e o BNG volven esixir a urbanización das rúas: Herbosa, Fontemoura e río Xuvia.
Ferrol 19 de outubro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol xunto a veciños e veciñas das rúas:Herbosa, río Xuvía e Fontemoura, no barrio de San Xoán, volveron esta mañá a esixir do Goberno Local que proceda a urbanizar de xeito urxente estas rúas que presentan numerosas deficiencias no firme.
A concentración desta mañá ven precedida das realizadas anteriormente e tras o intento de que fora debatida unha moción no pleno do mes de setembro, suspendido polo alcalde da cidade e non reanudado, esixindo ao goberno local que proceda a urbanizar urxentemente estas rúas.
A preocupación dos veciños vai en aumento xa que xa estamos metidos no outono e na tempada de chuvias sen que o goberno local promova a necesaria e urxente actuación de cara a urbanizar e mellorar o contorno destas rúas e as incomodidades que xa apedecen estes veciños e veciñas continuen sen arranxarse.