Queres coñecer o programa do BNG-Asembleas Abertas para Ferrol
Programa Electoral Ferrol BNG-Asembleas AbertasO noso programa para as eleccións municipais de maio de 2015 está pensado para desenvolver as potencialidades, en todos os ámbitos, de Ferrol, sen esquecer o seu papel como cabeceira da comarca e como cidade galega. Responde a unha actitude de dignidade combativa, non ao servilismo e a resignación, esixente dun cambio de actitude na Administración central, en canto estamos gravemente afectados pola súa prepotencia e pola súa indiferenza, mentres condiciona negativamente o noso espazo urbanos, o noso ecosistema e o noso desenvolvemento. Parte tamén do criterio de, sendo unha cidade galega, merecermos ser considerada como tal a todos os efectos pola Xunta. Non se obvia, polo demais, que debemos responsabilizarnos da solución dos nosos problemas, comezando por indicalos con claridade e sen tabús, sabendo cais son as prioridades desde a capacidade e competencia do concello. Contribuiremos deste xeito a saírmos da espiral de derrota e resignación na que estamos inseridos e da situación de crise polo único camiño que, malia a súa dificultade, non será fraudulento. Temos que facer do concello un instrumento ao servizo da autoestima, da dinamización, do desenvolvemento das nosas potencialidades en todas as ordes, contando cunha verdadeira participación popular para conquistar obxectivos e sermos conscientes das prioridades.
Aquí podes descargar o noso Programa Electoral.