O BNG esixe o imediato inicio das obras de acceso ao Berton
Ferrol, 12 de outubro de 2013. Logo de celebrar unha nova concentración xunto aos veciños e veciñas do Bertón para chamar a atención sobre o estado de abandono da zona e esixir que a mesma teña un adecuado mantemento e conservación o BNG de Ferrol, demandará tanto ao Concello de Ferrol como á Xunta de Galiza a información relativa aos plans para desenvolver a execución das obras de urbanización do Bertón, tanto no que se refire ao ámbito da intervención como aos prazos de execución, que a data de hoxe permanecen todavía sen inicarse, a pesar de que o arranque das obras deberían ter tido lugar no ano 2012.
Para o BNG existen serias dúbidas sobre os prazos e a execución das obras, xa que pasado xa o mes de outubro de 2013, non se teñen nen iniciado, a pesar do anuncio, en setembro de 2012, do conselleiro de Medioambiente, territorio e Infraestruturas da Xunta de Galiza de que as obras estarían rematadas a inicios do 2014, e a pesar das permanentes modificacións dun convenio que retrasan cada vez máis a execución definitiva desta infraestrutura.
O BNG demanda o inicio inmediato das obras, así e como a urbanización integra deste ámbito da cidade que non pode permanecer por máis tempo neste estado de abandono, ademáis da limpeza e saneamento urxente dos espazos do contorno que permanece nun estado de abandono constante, tal e como é o caso das vivendas da rúa Barbeito expropiadas para acometer a urbanización, e que se atopan nun estado de conservación e mantemento deplorable.
O BNG continuará a demandar xunto aos veciños e veciñas deste ámbito da cidade o cumprimento destes obxectivos co fin de revertir unha situación de abandono e desleixo permanente .